MOS
Mos convoca un concurso para crear o logotipo da concellería de Deportes
Poderá participar calquera persoa e o prazo de presentación de propostas rematará o vindeiro 2 de xuño.
![[Img #32527]](upload/img/periodico/img_32527.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, anunciaron onte que o Concello de Mos convoca un concurso para a creación do logotipo que represente a imaxe do departamento municipal de Deportes e todas as instalacións deportivas.
O fin principal desta concellería, como área de servicio ao cidadán, é o fomento da actividade física e o entretemento dos habitantes do municipio e dos visitantes a través da programación de actividades lúdicas e competitivas. Ao carecer este departamento dun logotipo e/ou mascota que o identifique e que o faga máis atractivo e identificable para o seu público obxectivo, decidiuse convocar este concurso para que sexan os propios cidadáns os que deseñen a imaxe que consideren máis representativa para a actividade deportiva municipal.
Deste xeito, coa convocatoria do concurso, o que se pretende é, segundo declararon os representantes locais, Arévalo e Méndez, “favorecer e incrementar a participación en cantas iniciativas desenrolan os programas municipais en materia de actividade física e deportiva, apoiar co soporte publicitario institucional novas iniciativas e actividades dacordo coa demanda cidadá, mellorar a imaxe corporativa nas actividades deportivas do municipio, apoiar mediante a publicidade institucional o fomento do asociacionismo e da iniciativa cidadá no ámbito da actividade físico-deportiva, favorecer a identificación dos clubes e deportistas do municipio coa marca institucional; e colaborar mediante a publicidade institucional con calquera iniciativa na organización de actos deportivos, sexan de promoción ou lúdico-competitivos dirixidos a todos os grupos de poboación e colectivos do municipio”.
Co presente concurso propiciarase a concurrencia de ideas coa finalidade de seleccionar un logotipo que sirva para identificar á concellería de Deportes de Mos, e dende a administración local espérase que a participación sexa un éxito.
Poderá participar no concurso calquer persoa física ou xurídica. Quen teña interese en participar na presente convocatoria poderá presentar un máximo de tres propostas.
As propostas han de ser completamente inéditas. Deberán inspirarse na igualdade de oportunidades entre ambos sexos e a participación cidadá. Deberán ser propostas versátiles, que permitan a súa adaptación a diferentes formatos e espacios. A cor e a técnica serán libres, condicionadas á súa adecuada impresión.
As propostas presentadas a concurso deberán conter o logotipo deseñado xunto ás palabras Concello de Mos, a toda cor e sobre un soporte de cartón pluma tamaño A4. As dimensións do logo deberán ser 15 x 15 centímetros. O logotipo non ten por que ser cadrado, pero será necesario que se axuste a estas medidas na súa presentación.
Os traballos debidamente cumprimentados deberán ir dirixidos á concellería de Deportes do Concello de Mos e presentaranse no Rexistro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. O plazo de presentación estará aberto ata o 2 de xuño.
O logotipo gañador será presentado aos medios de comunicación e ao público en xeral como logotipo que represente a imaxe da concellería de Deportes do Concello de Mos, nun acto no que procederase ao recoñecemento do autor.
O premio para o gañador consistirá no acceso libre á piscina e ximnasio municipais do 16 de setembro de 2017 ao 15 de xuño de 2018, así como un cursiño de natación gratuíto neste mesmo período de tempo.
A deliberación do xurado para a elección do deseño gañador adoptará as súas decisións con total independencia en base aos seguintes criterios de valoración: valor artístico e simbólico da proposta, calidade técnica, orixinalidade, e capacidade ou adaptabilidade do logotipo aos espazos e formatos nos que se presume será utilizado no futuro (carteis, dípticos, papelería, web o calquer outro soporte publicitario ou de difusión).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149