Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 17 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta autoriza a transferencia a prol do Concello de Salvaterra de Miño dUN tramo da estrada PO-408

Trátase dun treito da estrada PO-408, situado entre os pp.qq 0+000 e 1+280, cunha lonxitude de 1,28 km.

O Consello da Xunta aprobou  o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-408, situado entre os pp.qq. 0+000 e 1+280, cunha lonxitude de 1,28km, a prol do Concello de Salvaterra de Miño.

 

A estrada PO-408, de 1,62 km de lonxitude, é un tramo antigo da PO-403, resultante do acondicionamento realizado esta estrada. O tramo que percorre o Concello de Salvaterra de Miño correspóndese co comprendido entre os pp.qq 0 e 1+280.

 

Cómpre lembrar que a Xunta levou a cabo un acondicionamento desta estrada, que incluíu a rectificación de trazado ao seu paso polo núcleo de Fornelos, tras o que se lle deu ao tramo antigo da vía a denominación de PO-408. Deste xeito, a PO-408 rexistra un tráfico principalmente local, posto que conta cunha alternativa viaria clara, a estrada PO-403, con mellor nivel de servizo.

 

 

 

 

A Xunta levou a cabo un acondicionamento desta estrada, que incluíu a rectificación de trazado ao seu paso polo núcleo de Fornelos, tras o que se lle deu ao tramo antigo da vía a denominación de PO-408

 

 

 

 

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou proposta favorable á transferencia de titularidade e o Pleno do Concello de Salvaterra de Miño aceptou o cambio de titularidade do mesmo.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais.

 

O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes. Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía, que pasa a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas.

 

[Img #32543]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.