Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 13 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 3 millóns de euros para o territorio transfronteirizo do Miño

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de histórica a concesión dos fondos do POCTEP anunciados hoxe, xa que a contía "é a máis alta destinada a un proxecto común e global para a mellora e desenvolvemento da fronteira do Miño".

[Img #32562]

 

O territorio transfronteirizo do Miño beneficiarase dun investimento de preto de 3 millóns de euros grazas á concesión dos fondos europeos do programa Interreg VA-POCTEP anunciada esta semana. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de histórica a aprobación dos proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho e subliñou que a contía dos fondos aprobados "é a máis alta destinada desde a UE a un proxecto común e global para a mellora e desenvolvemento da fronteira do Miño" desde a construción das diferentes pontes entre o sur de Pontevedra e o norte de Portugal.

 

Benítez destacou que os cartos que se investirán, dous millóns de euros dentro do programa "Visit Rio Minho" e 942.022,47 euros do programa "Smart Minho" (dos que a UE aporta o 75 %) beneficiarán a todos e cada un dos concellos da raia (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente, xunto coas câmaras portuguesas) e destinaranse ao deseño estratéxico do territorio, con intervencións inmateriais e culturais para poñelo en valor e fomentar o turismo. Así mesmo, relanzarase o Plan de transportes transfronteirizo que leva tempo en proxecto. Todas as actuacións, segundo asegurou Benítez, serán xestionadas pola nova Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Río Miño que está a piques de ser aprobada de xeito definitivo.

 

A concesión destes fondos europeos supón un grande paso adiante para o desenvolvemento do territorio do Miño. Hai que ter en conta que se trata da primeira vez que a Deputación de Pontevedra, a través da nova área de Cooperación Transfronteiriza creada polo novo Goberno provincial da man do deputado Uxío Benítez, se implica –con éxito– ao solicitar fondos europeos nunha candidatura de estratexia común que propón un concepto global do Miño transfronteirizo. É preciso destacar que na península ibérica só foron admitidas 130 candidaturas escollidas entre centos de programas presentados relacionadas coas fronteiras e, en dúas delas, a Deputación de Pontevedra e o territorio do Miño son protagonistas.

 

Logo da confirmación da concesión dos fondos que chegou hoxe é preciso realizar a sinatura dos convenios co POCTEP, actualizar os proxectos adaptándoos ao territorio de xeito definitivo, e presentar as intervencións finais. A intención é desenvolver os primeiros estudos, proxectos e actuacións no que queda de ano.

 

 

 

 

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, destacou que a Deputación ten como obxectivo seguir optando a máis fondos europeos en vindeiras convocatorias xa que existen máis iniciativas para o territorio do Miño

 

 

 

 

Problemas de forma solucionados

A aprobación da candidatura e dos fondos para o proxecto "Visit Río Minho" coñecida hoxe supuxo para a Deputación de Pontevedra a confirmación de que o traballo para desenvolver a fronteira do Miño tiña unha base sólida. Hai que lembrar que nas últimas semanas a Deputación e a Comunidade Intermunicipal (CIM) Alto Minho tiveran que formular un recurso, que finalmente foi admitido, logo de que se considerara que había un defecto de forma na presentación.

 

A proposta galego-portuguesa fora introducida na plataforma telemática da UE por un funcionario da CIM cuxa sinatura non estaba autorizada, o que supoñía que o documento nin sequera ía ser analizado no seu contido: simplemente quedaba fóra.

 

Unha vez salvado este primeiro contratempo, a candidatura de cooperación transfronteiriza dos concellos do Miño acaba de pasar o segundo filtro: o comité de valoración, logo de analizar as actuacións propostas para as que se solicitaba financiamento, resolveu de xeito positivo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.