Porriño
García de la Torre: “non podo convenir con ninguén sobre a titularidade do patrimonio das veciñas e veciños do Porriño”
A alcaldesa do Porriño rexeita as acusacións dos representantes da Xunta de Montes de Atios remitidas este sábado aos medios de comunicación. Eva García de la Torre sinala que logo de falar cos representantes da Xunta de Montes de Atios da posibilidade de que o Concello decidise achandarse ante a demanda dos comuneiros, para que se recoñecese a súa titularidade sobre os terreos do antigo campo de tiro, un informe xurídico do secretario municipal desbotaba esta posibilidade.
No devandito informe sinálase, de xeito moi claro, que a alcaldesa non pode achandarse ante esta demanda sen incorrer nun delito de prevaricación dado que “ten a obriga legal de defender e conservar o patrimonio municipal”.
Esta circunstancia, así coma o contido do informe emitido polo secretario, foi comunicada aos representantes da Xunta de Montes de Atios, cos que, subliña García de la Torre, “estiven en contacto permanente e aos que comuniqueilles as dificultades xurídicas e técnicas que este asunto ten”.
Eva García de la Torre transmitiu, “persoalmente”, aos representantes da Xunta de Montes de Atios que había unha imposibilidade legal que lle impedía coma alcaldesa paralizar o procedemento e darlle a razón á Xunta de Montes de Atios na súa reclamación e que, por tanto, o Concello debía seguir adiante na vía xudicial.
García de la Torre lembra que non pode convir con ninguén sobre a titularidade do patrimonio do Concello do Porriño, “nin legalmente nin por convencemento persoal”, e lamenta que os representantes da Xunta de Montes de Atios remitan este escrito facendo unha aposta política moi clara e atacando politicamente á alcaldesa en relación cun tema que ten unha solución técnica e xuridicamente moi complexa.
A alcaldesa sinala que nin a xurisprudencia ten unha doutrina unánime á hora de recoñecer a titularidade de certos terreos coma propiedade dos comuneiros, “coma amosa unha recente sentenza, ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, respecto dunha reclamación da Comunidade de Montes de Budiño”.
Eva García de la Torre rexeita que a Xunta de Montes de Atios, que defende aos comuneiros,tente atribuírse a representación de todas as veciñas e veciños da parroquia, e reitera que coma alcaldesa representa a todas e todos os porriñeses “e teño a obriga de conservar o seu patrimonio, o patrimonio de todos”.
A rexedora remata subliñando que “non falto a miña palabra porque a miña palabra e o meu compromiso é con todas e todos os habitantes do Porriño”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185