Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 17 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

XVIII Xornadas de Teatro de Alxén

Un ano máis a Asociación Teatral de Alxén organiza as súas xornadas de teatro, este ano xa a décimo oitava edición. Será a fin de semana do 19, 20 e 21 de maio. As xornadas dan comezo ás sete e media da tarde,  coa representación da obra Planeta Bugallo a cargo dos pequenos do Grupo de Teatro ATA SEMPRE, que pertence á Asociación organizadora. Ás dez será a quenda do Grupo de teatro de A Feira coa obra O tío Aniceto e rematará a xornada coa actriz Isabel Risco, que levará á escena a obraNaviza Girl. Continúan as xornadas o sábado, ás once e media da noite,  co estrena da obra O concursoa cargo do grupo anfitrión, ATA SEMPRE de Alxén. E xa no domingo, pola mañá hai sesión vermú, a unha,  a cargo da Banda de Gaitas de Alxén, que farán un pasarrúas e as As Carabuñeiras de Alxén, grupo de pandereteiras, que darán un concerto no torreiro de festas. Xa pola tarde, rematan estas xornadas, ás cinco e media da tarde,  co grupo Barafunda Teatro coa obra Xan das ondas, para público infantil.

 

A Asociación Teatral de Alxén organiza esta xornadas de teatro, amador e profesional,  dende hai xa dezaoito anos coa finalidade de achegar o teatro de balde a todos os públicos. Conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Salvaterra de Miño e a Comunidade de Montes de Alxén.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.