Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 16 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva será madriña da exposición de “Rostros da Filosofía: trazos e pensamentos”

A Deputación de Pontevedra apoia a edición de “Cadernos de Filosofía” para os estudantes sénior da UNED.

[Img #32610]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aceptou  amadriñar a exposición “Rostros da Filosofía: trazos e pensamentos” que realizarán os alumnos da UNED sénior o próximo mes de xuño. Así o solicitou Marcelino Agis, profesor de filosofía da UNED sénior de Pontevedra que estivo acompañado polos membros sénior da comisión de cultura, quen presentoulle os actos da exposición e os “Cadernos de filosofía”, que editou a Deputación para os alumnos sénior da UNED.

 

A exposición “Rostros da Filosofía: trazos e pensamentos” está composta por 35 debuxos de rostros de diferentes filósofos de toda a historia da humanidade, de pequeno formato, realizados todos polo alumno da clase de filosofía sénior, Alberto Vidal Pazos. Cada debuxo irá acompañado dunha frase na parede que resuma o seu pensamento filosófico, de maneira que non é só unha exposición de debuxos, senón máis ben unha expo de filosofía.

 

A Presidenta da Deputación, agradeceu aos alumnos e o profesor de filosofía da UNED, polo ofrecemento de amadriñar esta exposición e subliñou a importancia de contar con pensadores e que a cidadanía reciba unha formación nesta materia “tan importante nos tempos onde todo se quere  reducir a un pensamento de 140 caracteres”, recalcou Silva.

 

Os alumnos sénior de filosofía da UNED fixeron entrega tamén á Presidenta da publicación  dos “Cadernos de Historia de la Filosofía V: Pensamiento contemporáneo”, editado pola Deputación,  firmado por todos os alumnos como un recordo e en agradecemento pola colaboración da institución provincial na súa formación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.