SALCEDA DE CASELAS
O PP denuncia as “chapuzas” do alcalde na humanización do cruce do bar Central
O Alcalde critica o estado de obras feitas hai 40 anos cando algunhas realizadas baixo o seu mandato atópanse en “mal estado”.
![[Img #32629]](upload/img/periodico/img_32629.jpg)
O PP de Salceda cuestiona a obra que se fixo fronte ao bar Central, no centro do municipio. Segundo o voceiro do grupo popular, Santiago Rodríguez Davila, “os adoquíns fundíronse e a obra que se fixo para humanizar a zona é unha chapuza”. Davila cuestiona que “o alcalde critique que obras que se fixeron hai máis de 40 anos estén en mal estado cando hai outras que se fixeron hai sete, coma esta, que están bastante peor”.
A obra inaugurouse no ano 2010 “vendendo que se cambiarían todas as redes de suministro, o cal foi mentira” apuntan desde o PP. O grupo popular tamén acusa ao Concello de encargar un proxecto que non refería o paso de autobuses “os cales non podían xirar dada a estreitez da rúa e, por este motivo, tivo que replantearse a obra”. Santiago Rodríguez Davila matiza que “malia isto, son numerosas as ocasións nas que os autobuses continúan a subir enriba do bordillo da beirarúa”.
O voceiro popular explica que “o PP está de acordo en que se mantiveran os antigos adoquíns” pero considera que “o lóxico sería levantalos á altura da beirarrúa xa que de este modo evitaríamos ter que ver ás carrozas do entroido subíndose a estas para poder xirar”. Ao respecto de esta cuestión, Rodríguez Davila recorda a “chapuza que supón ter que sacar todos os anos dúas farolas para o desfile de carrozas, xa que impiden o xiro”.
O grupo popular sostén que “o mesmo sucede cos adoquíns fronte ao Banco Pastor”. Santiago Rodríguez Davila sinala que “a zona está chea de altibaixos dificultando o paso dos vehículos e asegura que “de seguir así, é moi probable que se fundan como pasou hai unhas semanas diante do bar Central”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149