GALICIA
A Xunta ea asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí renovan a súa colaboración co programa ‘Vacacións en paz’
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, asinaron con SOGAPS un convenio neste sentido.
![[Img #32633]](upload/img/periodico/img_32633.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, asinaron esta semana un convenio de colaboración en Vigo coa presidenta da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), Maite Isla. O obxectivo desta cooperación é poñer en marcha, un ano máis, o programa Vacacións en paz.
Ao abeiro deste convenio, dotado cun orzamento total de 150.000 euros, financiarase o traslado dos nenos e nenas saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria) que serán acollidos por familias galegas durante os meses de verán.
A colaboración entre a administración autonómica e SOGAPS comezou en 2006 e, desde esa data e ata hoxe en día, o Goberno galego ten apoiado o financiamento de distintos proxectos por valor de máis de 700.000 euros.
O orzamento da iniciativa ascende a 150.000 euros e destínase a sufragar o traslado dos nenos e nenas desde os campamentos de Tindouf (Alxeria)
O vicepresidente da Xunta destacou a relevancia deste proxecto de cooperación que permite, ademais, que se visibilice a situación destes refuxiados mentres se axuda aos máis débiles: aos nenos e nenas. Tamén eloxiou o esforzo desinteresado das familias que participan no programa; dos concellos que colaboran na iniciativa; e de todos os voluntarios de SOGAPS que fan este proxecto posible.
Pola súa banda, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou que valores como a tolerancia, o respecto e a solidariedade están moi presentes nesta iniciativa, que permite aos nenos e nenas saharauís gozar dun verán cheo de alternativas de ocio e lecer con familias de Galicia. Así, indicou que “o éxito deste programa recae por completo nas familias galegas que dende hai anos acollen nos seus fogares a este menores dándolles a oportunidade de coñecer un modo de vida distinto e de enriquecer os seus coñecementos”.
Neste sentido, Rey Varela fixo fincapé no que os menores saharauís achegan ás súas familias de acollida posto que “motivan que reflexionemos sobre moitas cousas ás que damos máis importancia da que teñen en realidade, e ábrennos os ollos e a mente ao amosarnos outra perspectiva de ver e estar no mundo”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184