Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 19 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Dinamización plaza de abastos

Os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador das vilas onde se establecen achegando á veciñanza a compra de alimentos dun xeito comodo.

Un ano máis, a concellería de comercio do concello de Gondomar en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo e a praza de abastos de Gondomar, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.


Este ano, dende o día 15 ate o 27 de maio terá lugar na praza de abastos de Gondomar actividades promocionais para que todas as persoas que se acheguen ó mercado poidan catar e degustar productos tradicionais da zona como queixo, marmeladas, cervexas, etc.; obradoiros de conservación de froitas e elaboración artesanal de queixos e marmeladas. Con isto se pretende por unha banda activar as ventas do mercado e por outra incentivar a creación de novos negocios complementarios para a revitalización do sector.


Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.