Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes para a realización da fogueira de San Xoán

Vanesa Fernández Soage, concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade recorda a necesidade de obter autorización para a queima na noite de San Xoán.

A concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, xestionada por Vanesa Fernández Soage, ven de enviar unha comunicación a tódalas casas culturais informando sobre os requisitos para poder realizar a fogueira de San Xoán.

 

Como xa se fixo o ano pasado establécese un prazo dun mes antes da celebración de San Xoán para presentar a solicitude xunto coa documentación necesaria para obter o permiso para a realización da fogueira. Xunto coa solicitude deberase aportar plano de situación da fogueira, seguro de responsabilidade civil e fotocopia do DNI da persoa responsable da queima.

 

Asemade a concelleira Vanesa Fernández indica tamén unha serie de medidas de seguridade que deben adoptar os responsables das fogueiras como vixiar que o lume quede ven apagado, ter unha devesa perimetral á zona de queima dun mínimo de 5 metros ou dispor de medios de extinción de queima, entre outros.

 

“A festividade de San Xoán é unha noite máxica onde disfrutan os cativos e os maiores. É unha noite de festa e convivencia entre os veciños e por iso, dende a concellería de seguridade cidadá non queremos que a festa se vexa empañada por ningún suceso tráxico”, afirma Vanesa Fernández Soage, Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.