Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 20 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán festexa este sábado o Día Mundial das Abellas cunha xornada apícola na Ramallosa

A I Feira Apícola do Val Miñor terá lugar ao aire libre na rúa Cabreira (no corazón do comercio da Ramallosa) e as conferencias dentro do Centro Comercial. Grupos de música e animación infantil animarán o evento, dirixido a todo tipo de público.

O Concello de Nigrán festexa este sábado na Ramallosa o Día Mundial das Abellas xunto a Asociación Galega de Apicultura, a asociación de comerciantes de A Ramallosa e Ovalmi. Trátase dunha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente.

 

 

Esta I Feira Apícola terá lugar durante toda a xornada na rúa Camiño da Cabreira, que permanecerá cortada ao tráfico, e no Centro Comercial, onde serán as diferentes conferencias. Precisamente, Concello e comerciantes acordaron celebrala no corazón do comecio da Ramallosa co obxectivo de dinamizar a zona. Así, a feira ubicarase na rúa coa presenza de apicultores locais que porán os seus produtos á venda xunto ao CEE Juan María e Encaixamos, que levarán manualidades feitas a base de cera e doces elaborados con mel. Durante a mañá amenizará o evento o grupo de gaiteiros de Chandebrito, pola tarde as pandereteiras de Priegue e durante todo o día estará o dúo para os nenos 'Volvoreta e Voltereta', ademáis de haber obradoiros infantis. Paralelamente, celebrarase o sorteo dunha cesta entre tódalas rifas que se foron entregando esta semana coas compras nos comercios locais. No Centro Comercial Ramallosa haberá diferentes conferencias: ás 10:30 sobre a produción de pole,  ás 11.30 sobre manexo ecolóxico antivarroa, ás 16.30 fotografar a natureza a cargo de Ruth Villar e, finalmente, ás 17.30 entrega de premios do concurso de debuxos realizado en diferentes colexios do Val Miñor.

 

 

A celebración do Día Mundial das Abellas ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas na súa función da polinización polos beneficios que aporta á agricultura, ó medioambiente e á alimentación. Esta iniciativa partiu no 2014 da Asociación de Apicultura de Eslovenia, país onde esta data xa está establecida como o Día Nacional das Abellas, e foi apoiada por Apimondia, Federación Internacional de Asociacións Apícolas. Á espera de que sexa aprobada oficialmente polas Nacións Unidas, está sendo celebrada internacionalmente por unha grande parte do sector apícola de todo o mundo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.