Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 22 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra ven de aprobar as axudas económicas para á adquisición de libros e material escola

As solicitudes deberán presentarse do 11 de xullo ao 11 de agosto.

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou en Xunta de Goberno Local  as bases e a convocatoria específica de concesión de axudas económicas de 75,00€ destinadas á adquisición de libros e material escolar de cara ao próximo curso 2017-2018.

 

[Img #32702]Segundo Marta Valcárcel Gómez, a 1ºTte de Alcalde e Concelleira de Servicios Sociais, o obxectivo destas axudas, que se convocan anualmente, é promover o principio de igualdade na educación e compensar ás familias con recursos limitados para cubrir os custos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo como tales tanto a adquisición de libros como o resto de material escolar. Estas axudas están dirixidas aos alumnos e alumnas de Educación Infantil matriculados nos centros escolares de Salvaterra.

 

O prazo para a presentación das solicitudes será do  11 xullo  ao 11 agosto, ambos inclusive. Os interesados ​​en solicitar esta axuda económica deberán presentar as solicitudes xunto coa documentación esixida polo Departamento de Servizos Sociais, os martes ou xoves, nese mesmo departamento, de  08.00 a 14.00 horas.

 

É necesario aportar xunto coa solicitude o  DNI ou NIE dos membros da unidade familiar, o libro de familia e xustificantes dos ingresos da unidade familiar do ano en curso.   Os interesados terán que achegar o recibo de  aluguer ou o certificado bancario en caso de estar pagando  unha hipoteca da súa vivenda habitual. Ademais, é necesaria unha copia da declaración de renda e  sentencia e convenio regulador en caso de divorcio.

 

Para máis información contacte co Departamento de Servizos Sociais, todos os interesad@s poden consultar as bases e descargar o modelo de solicitude na páxina  web municipal

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.