Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas instan ó alcalde a que se lles convide a participar “no realmente importante”

[Img #32714]

 

Os socialistas instan ó alcalde a que se lles convide a participar “no realmente importante para Salced”a, esta é a resposta que lle traslada a voceira socialista Verónica Tourón, “ante as declaracións na prensa do señor alcalde en relación ó convite a participar na viaxe a Bos Aires”.

 

Tourón engade que “o Alcalde viaxa a Bos Aires e convídanos a participar, cando o que realmente debería era convidarnos a participar nos problemas que realmente lle preocupan ós veciños como o PXOM, o polígono industrial do Cerquido ou a aprobación dos orzamentos que a estas alturas do ano, nin están nin se lles esperan, e ós cales se lles continúan cargando gastos innecesarios como este”. “Estas son as cousas nas que os socialistas queremos que se nos convide, de forma seria, a participar, cousas que melloran a vida dos veciños e veciñas de Salceda, non viaxes a Arxentina co diñeiro de todos nos”

 

“Este viaxe xa foi feita co motivo do centenario da Fundación do Centro de Protección Agrícola do distrito de Salceda en Bos Aires no  ano 2013. Naquela foi o Alcalde xunto cun concelleiro do seu grupo e o voceiro do Partido Popular, lembramos que estes tres billetes foron a cargo, naquel entón, dos orzamentos de Salceda, é dicir, a cargo do peto dos veciños e veciñas. E agora volve a acudir, do mesmo xeito, ó centenario do centro de Tui” explica.

 

Engade que “dende logo os socialistas mostramos todo o noso respecto ós emigrantes que residen en Bos Aires e non pretendemos que se corten as relacións institucionais, nin queremos esquecer a importancia da labor que a casa Tui-Salceda leva a cabo para manter vivas as nosas raíces, a cultura e as tradicións en Bos Aires, pero lembramos que o centenario da Casa de Salceda foi fai 4 anos e que a celebración neste 2017 é o centenario da Casa de Tui. Naquel entón xustificou dicindo que “non iba facer as Américas” que era o centenario da Casa de Salceda, ó cal, queren aclarar os socialistas que non acudiu ningún representante de Tui”.

 

A voceira socialista, Verónica Tourón, remata engadindo que “aceptaremos os convites que veñan do Sr. Alcalde para facer cousas realmente necesarias pola nosa xente, para mellorar a vida dos salcedenses, para solucionar os problemas reais dos veciños, pero non para viaxes que fan que o concello dispoña de menos recursos para cubrir as necesidades básicas, que todos temos claro que existen a día de hoxe”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.