Miércoles, 10 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 24 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

7ª Xuntanza Escolar Infantil no Parque Público A Canuda

[Img #32739]Un ano máis, e xa van sete, o Concello de Salvaterra de Miño e os centros escolares de Infantil do Municipio, é dicir, o CEIP Infante Felipe de Borbón, o Cra A Lagoa e o CEIP de Leirado, organizan a xa tradicional Xuntanza Escolar de Infantil, o vindeiro venres 26 de maio a partires das 10.00h, no Parque Público A Canuda, na cal contan tamén coa colaboración da Policía Local, Policía Nacional, a Garda Civil, Protección Civil de Redondela e nais e pais voluntarios do centros participantes.

 

Ó longo da mañá os diferente grupos formados por nenos e nenas de entre 3 e 5 anos realizarán diferentes obradoiros e actividades como pescar, educación viaria, paseos en barca, manualidades,  inchables, obradoiros de xogos psicomotrices, …, sempre gracias a colaboración dos profesores e profesoras e aos pais e nais.

 

Estas actividades organízanse con un dobre fin, por un lado  o lúdico e por outro o da convivencia, xa que con accións coma estas o que se busca sempre é unha integración e convivencia efectiva entre os escolares dos diferentes centros do municipio, ademais de ter tamén un carácter educativo, xa que  a Policía Local daralle unas leccións de educación viaria no circuito, a Policía Nacional, a Garda Civil e Portección Civil levarán os seus vehículos e ensinaránlles como funcionan e como traballan no seu día a día. Haberá un grupo de voluntarios encargados de facer os paseos en barca, as manualidades, obradoiros e xogos… e como non tamén terán tempo para pasalo ben e saltar nos inchables.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.