Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos conta xa coa nova empresa que xestionará as dúas Ludotecas Municipais

O adxudicatario comezará a prestar servizo nun prazo aproximado dun mes.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informaron hoxe da recente proposta de adxudicación do servizo de ludoteca tanto na nova de Louredo como na de San Rafael á empresa Activalede S.L., que foi aprobada na derradeira Xunta de Goberno Local.


O servizo de ludotecas municipais do Concello de Mos para usuarios de ata 12 anos escolarizados, adxudícase para a súa explotación durante dous anos prorrogables por outros dous.


O procedemento de adxudicación realizouse mediante tramitación ordinaria e polo procedemento aberto seguindo criterios con cuantificación dependente dun xuízo de valor tales coma plan de organización e animación, tarifas, promoción e comercial do servizo etc. e criterios avaliables de xeito automático tales coma a oferta económica; resultando adxudicataria a empresa que acadou maior puntuación.


Os seguintes trámites a seguir serán a adxudicación definitiva e a sinatura do contrato, polo que se estima que a nova empresa adxudicataria se atope prestando o servizo no prazo dun mes aproximadamente.


As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron hoxe a “importancia deste servizo, fundamental para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Mos”.


“Coa gran extensión territorial que ten Mos é importante poder contar con dúas Ludotecas Municipais. A actividade da primeira Ludoteca Municipal de Mos, a de San Rafael en Pereiras, foi en ascenso progresivo e diversificándose ademais, xa que non só se imparten nela obradoiros e iniciativas infantís, senón tamén para adultos. Cómpre destacar ademais a importancia que as Ludotecas teñen no aspecto social, de relevancia capital”, explicaron a rexedora local e a edil de Política Social.

 

As obras de adaptación en ludoteca da antiga Escola Unitaria de Louredo, que comezaron a finais do pasado mes de marzo, están a piques de ser rematadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.