Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Ethel Vázquez anuncia un investimento duns 3 millóns de euros para a construción de 8 novas sendas seguras no Morrazo

Vázquez Mourelle explica que o Goberno galego xa se está traballando no proxecto da senda Vilaseca- Lapamán, en Marín, coa fin de comezar este ano a contratación das súas obras.

[Img #32743]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presentou onte en rolda de prensa o Plan de Sendas na comarca do Morrazo, que prevé a construción de 8 novas sendas que suman 10 km e un investimento duns 3 millóns de euros.

 

Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta xa está traballando no proxecto da senda Vilaseca – Lapamán, en Marín, para iniciar este ano a contratación das obras, e ademais o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba onte o inicio da contratación da redacción dos proxectos construtivos doutras 7 sendas. No seguinte enlace pódese ampliar a información deste anuncio: goo.gl/bHF1dJ

 

A titular de Infraestruturas precisou que este plan recolle actuacións tan importantes como a citada senda dun quilómetro e medio, que unirá Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa.

 

A conselleira indicou que se están dando os pasos necesarios para que os veciños e visitantes do Morrazo poidan ter, canto antes, sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.


A continuación, detállanse os itinerarios proxectados no Plan de Sendas para a bisbarra do Morrazo.

[Img #32744]

 

Plan de Sendas de Galicia
Estas actuacións presentadas hoxe en Marín están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, que concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios -peonís e para bicis-  seguros, sostibles e integrados na paisaxe.
 


Entre a 1ª e a 2ª fase do plan, estase a impulsar a construción de 95 novas sendas,  case 125 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas, que suporán un investimento de preto de 37 millóns de euros.

 

Cómpre lembrar que en marzo de 2016 comezouse a desenvolver a 1ª Fase do Plan de Sendas de Galicia en 7 comarcas galegas. No exercicio pasado, a Xunta tamén convidou os concellos doutras catro comarcas galegas coma O Morrazo a participar na 2ª fase do plan, que contempla acometer 40 novas sendas e un total 49 km, que suporán un investimento de 10,5 millóns de euros.

 

 

 

 

Salienta actuacións importantes como a senda dun quilómetro e medio, entre Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa

 

 

 

 

Os obxectivos prioritarios deste plan son protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

 

O director da AXI explicou que o plan xa está en pleno desenvolvemento, xa que nas 7 comarcas da primeira fase encargouse a redacción de 48 proxectos construtivos que incluían 55 sendas, cunha lonxitude final de 87,6 km. Iniciouse xa a tramitación de 33 deses 48 proxectos, estando licitadas 20 obras que suman case 30 km de lonxitude. Engadiu que para as 4 comarcas da 2ª fase se realizaron os estudos para identificar e priorizar as sendas, e comezou agora o proceso para a redacción dos proxectos construtivos.

 

Menéndez subliñou que se trata dun plan coordinado e froito do diálogo, porque na súa elaboración contouse coa opinión dos concellos, para determinar as actuacións máis necesarias e axeitadas en cada zona. Ademais, fixo fincapé en que a Xunta ten os fondos garantidos, consignados nos orzamentos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.