Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Concellería de Ensino organiza unha charla sobre como afrontar as condutas violentas dos nenos/as

A iniciativa, encadrada no ciclo de conferencias que organiza o departamento que xestiona Cristina Fernández, está dirixida aos pais e nais de alumnado de Primaria.

Continuando co Ciclo de Conferencias iniciado no pasado mes de febreiro pola Concellería de Ensino, xestionada por Cristina Fernández, a Sala Multiusos do Auditorio Municipal acollerá unha conferencia-coloquio na que se tratará como afrontar condutas agresivas e violentas na súa fase inicial, un tema no que os pais e nais de alumnado de Primaria, teñen manifestado o seu interese en varias das conferencias anteriores.


A charla correrá a cargo de Carlos Lorenzo Alfaya, psicólogo, terapeuta familiar e membro fundador da Asociación Medrando á Par. Carlos Lorenzo dirixe tamén a actividade do mesmo nome na Escola Infantil Municipal, e como sinalaba a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, “é un fondo coñecedor do tema e xa leva traballando un tempo coas familias da nosa vila con cativos ata tres anos”.

 

 

 

 

A Conferencia terá lugar na Sala Multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo o vindeiro mércores 24 de maio, ás 19:30 h

 

 

 


“Esta nova conferencia, ten como obxectivos reflexionar os motivos polos que se dan estas condutas, como axudar aos aos nenos e nenas a non telas e a afrontalas e que podemos facer os adultos ante condutas desta índole”, aclara a edil de ensino.


Cristina Fernández convida “a todos os veciños e veciñas que teñan fillos/as na etapa de Primaria a asistir e participar activamente neste coloquio”.


A Concellería de Ensino xa ten programada outra conferencia educativa, dentro dese mesmo ciclo, para o vindeiro 14 de xuño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.