Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Mos acolle este mércores a segunda xornada de usuarias e usuarios de teleasistencia da Deputación

O servizo, que asiste a 450 persoas de 47 concellos da provincia, atendeu o ano pasado 5.000 chamadas de emerxencia

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, asistirá este mércores, 24 de maio no Multiusos das Pozas de Petelos, Mos, á "II Xornada de convivencia" do 2017 de usuarias e usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra. A través deste encontro preténdese ofrecer un día de ocio e lecer alternativo para estas persoas, que rache coas súas rutinas diarias, e no que tamén poidan aproveitar para intercambiar experiencias e problemáticas comúns.

 

O obxectivo fundamental do servizo de teleasistencia da Deputación é permitir a permanencia das persoas usuarias no seu medio de vida habitual e o contacto permanente co seu entorno socio-familiar, evitando o illamento social, a soidade e asegurando a intervención inmediata ante situacións críticas, o que repercute moi positivamente na calidade de vida destas persoas.

 

Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ó día e 365 días ó ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema. Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de "mans libres" dos teléfonos móbiles.

 

Ademais do seguimento teleasistido e as xornadas de convivencia, o programa inclúe visitas regulares aos usuarios e usuarias co obxectivo de acompañar a estas persoas e así minimizar o sentimento de soidade e illamento ao que moitas se ven abocadas. No ano 2016 o servizo efectuou 276 visitas de seguimento, que se sumaron ás que se realizan habitualmente para a resolución de diversas incidencias.

 

As próximas Xornadas de convivencia deste 2017 están programadas para xuño en Cuntis (Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga),  e Mondariz (A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Salvaterra de Miño e Soutomaior) e outono en Agolada (Agolada, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces), Cambados (Cambados, O Grove, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa), e Tomiño (Baiona, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.