Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP acusa ao alcalde de "subvencionarse a viaxe a Bos Aires con fondos públicos"

Hoxe, martes 23 de maio, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra O Decreto con data 5 de Maio onde se expón que o alcalde está oficialmente de vacacións.

[Img #32768]

 

O pasado mes de Xullo de 2016 o alcalde recibía aos representantes do Comité del Centenario de Casa de Tui; xuntanza na que se lle convidaba a participar na celebración do mencionado Centenario. “Oito meses despois -marzo de 2017- o alcalde facíanos chegar a invitación aos demais grupos da Corporación Municipal” explica Santiago Davila, voceiro do Partido Popular.

 

No ano 2013 celebrábase o centenario da creación do Centro de Protección Agrícola do Distrito de Salceda. O Partido Popular apoiou os actos viaxando ata o lugar e participando nas diversas actividades por considerar que atinxían concretamente a Salceda de Caselas. Según explica Rodríguez Davila “a dita celebración non acudiron ningún/ha dos/as representantes da Corporación do Concello de Tui, posto que aínda que estaban convidados/as, entenderon que no acto celebrábase o centenario correspondente á parte salcedense. Amparándonos nestes feitos, cremos oportuno adoptar esta mesma postura (non acudindo á Celebración do Centenario da Casa de Tui) e actuar, así, coherentemente. É por isto que non entendemos a decisión do alcalde”.

 

“Ademais, o Decreto publicado no Boletín Oficial da Provincia no día de hoxe reflicte claramente que a viaxe a Bos Aires non é nin de carácter oficial nin institucional -tal e como ven decindo o alcalde nos últimos días- xa que neste momento atópase no seu período de vacacións”. A través deste Decreto, Besada delega todas as funcións na tenente alcalde, María Dolores Castiñeira Alén. Por todo isto, explica Santiago Davila, “o Partido Popular non chega a comprender cómo Marcos Besada paga esta viaxe con fondos públicos do Concello, quédase tan tranquilo e aínda presume deste feito a través de diversas publicacións, tanto na prensa como nas redes sociais”.

 

“Mentres tanto, o abandono das infraestructuras (estradas, beirarrúas, saneamento, alumeado público…) son máis que evidentes, as obras do Plan Concellos do 2016 continúan sen iniciarse (Rúa Compostela, Coruña, Rafael Tilve…) e un longo etcétera”.

 

Continúa o voceiro popular “cando no ano 2009 tomei posesión do cargo de concelleiro da Corporación Municipal, unha das primeiras decisións que adoptei foi a de viaxar ata Bos Aires para coñecer de primeira man ós/ás veicños/as salcedenses emigrados/as e á Asociación. Así pois, de haber algún suceso ou motivo que xustifique e requira da nosa presencia alí estaremos para prestar a nosa axuda e apoio ó conxunto da Asociación Mutual, Cultural e Recreativa Tuy-Salceda e a todos/as socios/as”.

 

Dende o Partido Popular explican que “ante todo, queremos amosar o noso respeto e apoio á Asociación, que sempre contou coa estima e apoio do partido, ademais de trasladar as nosas máis sinceiras felicitacións”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.