O ROSAL
A Xunta licita as obras de mellora da estrada Pancenteo-Marzán no concello do Rosal
Con estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, acadarase unha mellora da estrada o entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360.
![[Img #32784]](upload/img/periodico/img_32784.jpg)
A conselleira de infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo esta semana unha reunión de traballo co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, onde lle informou sobe as obras de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353), ao seu paso por este municipio pontevedrés, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360.
A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación, por case 900.000 euros, para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/BqtfxS.
Ethel Vázquez explicoulle que o proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial en algo máis de 2,2 quilómetros e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e completando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.
As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de 6 meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais.
Ademais, do reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto. O prazo de admisión das proposicións rematará o vindeiro día 19 do mes de xuño.
Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.
![[Img #32785]](upload/img/periodico/img_32785.png)
![[Img #32786]](upload/img/periodico/img_32786.png)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180