Domingo, 21 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 24 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello coloca o novo banco no torreiro de Cans

[Img #32787]

 

Tal e como adiantara a alcaldesa, Eva García de la Torre, na xuntanza que mantivo cos representantes da Asociación de Veciños, o torreiro de Cans terá un novo banco, de madeira, que estaba rematándose este martes pola mañá.


O concelleiro de Seguridade, Limpeza e Parques e Xardíns, Orlando Márquez, supervisou  a colocación deste banco ao que o Concello destinou un orzamento de preto duns 6.000€, e que estará a dispor das persoas que asistan, dende este mércores ao Festival de Cine de Cans.


O Concello tamén dispuxo este martes os case 400 valos na estrada que leva á parroquia dende o centro da vila, e que teñen coma obxectivo garantir a seguridade da circulación, e tamén hoxe a Concellería de Limpeza situará colectores de lixo extra na zona do torreiro, no espazo do río e na nova zona dos nenos.


Hai unha semana, a Concellería de Seguridade xa se retirara o enreixado que rodeaba o aparcadoiro situado preto da Rotonda do Can, quitando a malla e os postes e substituíndo os mesmos por un ‘peche’ de árbores e persoal da Concellería de Limpeza acondicionara a zona central de Cans, na entrada da Adroza e a beira do Bar Fortes; tamén rozará de silveiras e herbas os camiños por onde transitará o público, a zona da Casa da Mestra, o acceso ao ‘jalpón friki’, o Camiño do cemiterio, Camiño do cruceiro ata o Castillo e o Parque do Río e retirara o ciscallo de baixada ao río.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.