Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 26 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación e Federación Galega de Piragüismo asinan o convenio para a adquisición de ferramentas tecnolóxicas

Carmela Silva e Alfredo Bea puxeron en valor os “enormes éxitos que o piragüismo está a dar á provincia”.

[Img #32803]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola Deputada de Deportes, Chelo Besada, asinou esta semana con Alfredo Bea García, Presidente da Federación Galega de Piragüismo, o convenio que ten por obxectivo colaborar para a adquisición e instalación dun kit de competición que permitirá gravar en vídeo os momentos á liña de chegada das probas deportivas (vídeo-finish), e tamén dun sistema de cronometraxe para descensos-slalom augas bravas. Estas ferramentas destinaranse ao complexo deportivo de piragüismo de Verducido, en Pontevedra.

 

Cunha achega da institución provincial situada en 23.000 euros, a Presidenta Carmela Silva asegurou que “temos moi claro, dende a nosa chegada ao Goberno provincial, que tiñamos que ter como prioridade, entre os eixos das nosas políticas dedicadas ao deporte, as disciplinas de maior éxito na provincia de Pontevedra”. Carmela Silva asegurou que “grazas ás nosas infraestruturas, aos ríos, rías e costas que a natureza nos deu, e aos nosos e ás nosas deportistas, somos unha das grandes potencias en materia de piragüismo”. A Presidenta provincial engadiu que “esa potencialidade amósase, por exemplo, na grande afluencia de cativos e cativas que asisten ás nosas DEPOrte Escolas de piragüismo, máis de 2.000 en 28 escolas repartidas en 18 concellos”.

 

O Presidente da Federación, Alfredo Bea, asegurou que “só na provincia de Pontevedra, con algo menos dun millón de habitantes, temos máis licenzas de piragüismo que todo Portugal, que tamén conta cunha grande infraestruturas de costas e rías”. Ademais, sinalou que “na Copa de España que se vén de celebrar, a nosa provincia levouse seis dos oito ouros que se concederon”, cando na competición “estaban representadas moitas das provincias de todo o Estado”.

 

 

 

 

O presidente da FGP agradeceu o apoio do goberno provincial “Os clubs están a recibir as axudas que a Deputación lles debería ter dedicado nos anos anteriores”

 

 

 

 

Con esta axuda, a Deputación de Pontevedra colabora na dotación á Federación Galega de Piragüismo de elementos suficientes para realizar as probas da súa competencia nas mellores condicións, e así conseguir que estas probas e acontecementos deportivos que teñen lugar na provincia de Pontevedra sexan dunha calidade superior. No convenio tamén se recollen, a maiores, axudas á Federación a través do patrocinio.

 

Alfredo Bea asegurou que “parece que non hai que agradecer as axudas das institucións públicas, pero si que o hai que facer, sobre todo cando grazas a este Goberno provincial os clubs de piragüismo están a recibir as axudas que deberían ter recibido nos anos anteriores”. Carmela Silva afirmou que “agora todas as axudas da Deputación de Pontevedra contan cunhas bases nas que se recollen uns criterios claros e obxectivos, que son iguais para todos os clubs e, polo tanto, todos eles reciben as axudas ás que teñen dereito”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.