MOS
Gañamos denuncia un "perigoso" paso de peóns no barrio da Florida
![[Img #32808]](upload/img/periodico/img_32808.jpg)
Segundo o grupo municipal Gañamos "as veciñas e veciños da Florida e arredores levan tempo demandando unha solución á perigosidade do paso de peóns situado na estrada PO-331 Porriño-Gondomar a altura do nº28, diante da parada do autobús e a cen metros do colexio Santo Tomás".
Explican que "este paso de peóns rexistra incidentes a cotío creando unha grave situación de inseguridade entre os veciños que o usan para cruzala estrada. Inda que o paso conta coa mínima sinalización que marca a normativa, esta é insuficiente polas circunstancias especificas da estrada nese treito, máxime cando este paso de peóns é bastante frecuentado polos viandantes da zona".
Ademáis indican que "No 2015 a veciñanza da Florida mobilizouse e recabou case 200 asinaturas avalando un escrito que rexistraron na Xunta (9 de xuño de 2015) no que demandaban solucións a dito problema sen que ata o de agora fora satisfeita esta demanda polo goberno galego".
Por todo, dende Gañamos, solicitan á Corporación do Concello de Mos que "aprobe de urxencia unha moción instando a titular desta estrada, a Xunta de Galicia, a que a maior brevedade acometa as melloras necesarias para reducir a inseguridade vial neste paso de peóns".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149