Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 26 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Este fin de semana celébrase o II Trofeo Rosaleira Vila de Mos

Despois do éxito obtido o ano pasado, cando se contou coa participación de 465 patinadores e patinadoras, este ano volve a segunda edición do Trofeo Rosaleira.

Este ano conseguiuse superar a edición pasada, na que xa se contara con clubs participantes de todos os recunchos da comunidade galega. Nesta ocasión cóntase coa participación de clubs que asisten desde a Coruña e Santiago de Compostela como o Club Costa da Morte, Club Patín Oroso, Club Fontiñas, Club Alquimia Carral, Club Brincadeira e Club Sarela. En representación de Lugo veñen participando o Club Anca de Lugo, e desde Ferrol, o Club Buxaina. Representando á provincia de Ourense estará o Club Fénix e como non, da provincia de Pontevedra, veñen desde Vigo, Club Águia de Vigo, Club a Oliveira, Patinaxe Balaidos, desde Redondela chega o Club Bolboreta, o CPA Ribex, de Tui, de Ponteareas o Club Luar, desde Gondomar o Club Eixo Gondomar, e de Soutomaior, o Club Sotomaior.


Tamén se contará coa agrupación Xiramos do Concello de Mos e coa participación das nenas do Club Rosaleira.


O trofeo celebrarase en dous días, o 27 e 28 de maio.


O 27 de maio o horario será de 10.00 horas a 14.30 horas e de 16.30 horas en diante. O día 28 o horario será pola tarde e se comezará ás 16.30 horas; e a entrega de trofeos realizarase ás 20.00 horas.


O II Trofeo Rosaleira Vila da Mos celebrarase no Pavillón Óscar Pereiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.