O PORRIÑO
Peches e limitacións de circulación e aparcamento pola disputa do ‘V Triatlón Concello do Porriño’
Co gallo da disputa do V Triatlón Concello do Porriño, a Policía Local cortará a circulación e limitará o aparcamento en distintas vías e rúas o vindeiro sábado, día 27 de maio.
Dende as 8 da mañá pecharase ao trafico un treito da rúa Domingo Bueno, cara a Tui, “dando paso de xeito provisional só a turismos”; dende as 4 da tarde estará pechada á circulación a N-550, dende o Cruzamento de Riego, “ao carón da gasolineira da Guia-Atios ata a rotonda dos Aloques”.
Ademais, estará cortada a Avenida de Galicia sentido Vigo e Tui; o xefe da Policía Local engade que “tamén estarán afectadas a vía que vai do Cruzamento de Riego – N-550, ata a estrada de Mosende, PO-2401, a zona próxima ao velódromo e as as estradas PO-2401 e PO-342”
Todas estas limitacións, cortes e peches de tráfico estarán debidamente sinalizados e haberá indicacións sinalando qué vías son alternativas para poder circular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148