Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 27 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

DepoRuArte 2017 bota a andar este sábado en Nigrán

Carmela Silva subliña a aposta polo servizo de Cohesión Social e Xuventude co incremento do 7,4 por cento do orzamento para este ano.

[Img #32835]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,  presentaba esta semana en rolda de prensa o novo programa DepoRuArte que achegará propostas de lecer e de cultura urbana a dez localidades da nosa provincia nos próximos meses para a mocidade. Este sábado comeza en Nigrán na praza do Concello entre as 17 e as vinte horas.

 

Silva recordou que esta iniciativa de ocio e lecer para os mozos e mozas naceu o ano pasado do servizo de Cohesión Social e Xuventude, que dirixe a deputada Digna Rivas,  co fin de ofrecer unha alternativa a mocidade da provincia e que contou con “vinte talleres en distintos concellos da provincia que comprendían música, cociña, deporte, arte urbana, vídeo e un longo etcétera”.

 

A Presidenta da Deputación subliñou que tras a experiencia do ano pasado DepoRuArte foi mellorado para ofrecer unha mellor alternativa para a mocidade pero sempre “cunha compoñente inclusiva para que os mozos e mozas con diversidade funcional tamén podan participar en todas as actividades”. Silva, de feito, destacou que algún dos monitores que acompañarán aos participantes conta con algunha diversidade funcional.

 

Este ano a oferta de DepoRuArte vai estar concentrada en novos obradoiros nunha mesma xornada entre as cinco e as oito horas da tarde que celebraranse en dez localidades da provincia ao longo dos próximos meses. De feito comezará por Nigrán, este mesmo sábado na praza do concello, e continuará en Marín o próximo día 24 de xuño. Outras localidades que acollerán os obradoiros serán A Estrada, Silleda, Caldas, Vilagarcía, Poio,  Mondariz, O Porriño e Tui.

 

Os obradoiros divídense nas iniciativas MusicArte, UrbanArte, CreArte, que ofrecen a mocidade os coñecementos básicos para a experiencia de creación de música, grafitis e a decoración artística. Calquera mozo ou moza maior de doce anos poderá achegarse ate estas localidades e anotarse para participar nestes talleres.

 

 

 

 

A Presidenta da Deputación anima á mocidade a participar coas súas propostas e iniciativas aos Premios da Xuventude

 

 

 

 

Así o MusicArte ofrece tres obradoiros distintos. O primeiro de Breakdance (coa aprendizaxe das técnicas deste estilo de baile urbano); Turntablism DJ (que é o movemento que realizan os DJ de Hip-Hop cos vinilos ate adiante e atrás para crear composicións sonoras); e o de Beatbox (que é a creación de música sexan ritmos ou melodías coa boca).  UrbanArte ofrece un obradoiro para a creación e elaboración de pinturas coa base dos Grafiti. E CreArte ofrece un obradoiro para a personalización de gorras mediante debuxos na súa parte frontal.

 

Precisamente, a Presidenta mostrou a súa satisfacción polo traballo desenvolvido pola deputada Digna Rivas á que felicitou polas iniciativas que desenvolve o seu departamento. “Como ben saben, unha das prioridades que nos marcamos ao comezo desta lexislatura polo novo goberno provincial,  foi poñer aos veciños e veciñas de toda a provincia no centro de todas as nosas políticas. Por elo, temos apostado fortemente polo servizo de Cohesión Social e Xuventude e ano a ano imos incrementando as partidas económicas do servizo. Para o 2017 Cohesión Social e Xuventude dispoñen dun orzamento de máis de 5,5 millóns de euros o que supón un 7,4 por cento máis que no 2016”. Todos estes datos e un resumo de todas as actividades do servizo foron presentadas por Carmela Silva nun vídeo que poderá ser visibilizado nas redes sociais  e na web da Deputación.

 

Por último, a Presidenta animou a mocidade da provincia a presentar as súas propostas e ideas aos primeiros Premios da Xuventude “xa que queda unha semana para que conclúa o prazo”.

 

Carmela Silva recordou que  estes premios están dirixidos a mozos e mozas da provincia de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e as modalidades de participación son as de iniciativa social (dous premios) e iniciativa empresarial (outros dous premios), para ambos os casos con proxectos de proxección e impacto social que favorezan a igualdade; blogs (tres premios) que promovan a igualdade, a educación en valores, a formación, o asesoramento, as actividades de voluntariado, culturais e/ou deportivas dirixidas á mocidade; educación en valores (dous premios) para proxectos que persigan a consecución da non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como a prevención do acoso escolar e o ciberacoso; traballo musical (tres premios) para persoas sen contratos discográficos vixentes; traballo literario breve (tres premios) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.144

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.