MOTOR
Techrules o superdeportivo eléctrico chinés
![[Img #32841]](upload/img/periodico/img_32841.jpg)
Mostrado por primeira vez ao público no Salón do Automóbil de Xenebra de 2017, Ren é o primeiro superdeportivo de produción eléctrica do mundo co sistema TREV (Turbine-Recharging Electric Vehicle) patentado por Techrules. A innovadora tecnoloxía do seu sistema de propulsión, ofrece niveis sen precedentes de eficiencia e rendemento e un impacto ambiental extremadamente baixo.
A versión superior do Ren ten unha capacidade de batería de 25 kWh e ofrece unha potencia máxima de 960 kW (1.287 CV) cunha autonomía de 1.170 km con 80 litros de gasóleo (NEDC). O chasis foi deseñado polo construtor italiano L.M. Gianetti, socio de desenvolvemento e fabricación de Techrules.
O deseño modular enfocado ao máximo rendemento, permite configurar o coche cunha, dous ou tres cubertas de policarbonato, en función das necesidades do condutor. Cando se selecciona a configuración de tres ocupantes, os dous pasaxeiros sentan comodamente a ambos os dous lados do condutor, en posición semi-estirada, con acceso a pantallas táctiles despregables e un sistema de comunicación que utiliza altofalantes e micrófonos incorporados en cada un dos repousacabezas.
O atractivo do Ren reálzase co refinado habitáculo que ofrece exclusividade co uso dos materiais máis luxosos. A cabina do condutor e dos pasaxeiros emprega o coiro italiano máis fino (cuoio italiano e alcántara) cubrindo toda a superficie interior.
Para aumentar a sensación de luxo excepcional, os asentos termínanse nun exclusivo tecido producido pola empresa de roupa de alta costura PT (Pantaloni Torino). A súa textura a medida está deseñada para suxeitar aos ocupantes nos seus asentos e evitar o deslizamiento en curvas ou freadas.
A produción do Ren comezará con toda probabilidade en 2018, e xa chegaron os primeiros pedidos. Unha serie limitada de versións de circuíto será construída artesanalmente por L.M. Gianetti en Italia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217