MOTOR
O Kia Stinger desvelado en Barcelona
![[Img #32842]](upload/img/periodico/img_32842.jpg)
Kia Motors desvelou o novo Kia Stinger, a potente berlina deportiva de dous volumes. O novo Kia Stinger segue fielmente o deseño e a enxeñería do Kia GT Concept de 2011 e convértese no modelo de produción de maiores prestacións na historia da compañía.
O Stinger recupera o espírito do Gran Turismo clásicos, vehículos potentes, elegantes e capaces de levar aos seus propietarios con velocidade e estilo. En cada etapa da súa creación, o Stinger foi deseñado e desenvolvido para ser o perfecto Gran Turismo. Distínguese por unha estética que chama a atención, un espazo amplo para acomodar a cinco ocupantes e a súa equipaxe, unha calidade de marcha estable e serena, e unhas reaccións áxiles, coa cativadora resposta dunha tracción traseira.
Na transición desde o prototipo ata o modelo de produción, o Kia GT Concept tomou o nome "Stinger" do prototipo GT4 Stinger presentado no Salón de Detroit 2014. Ademais dun auténtico GT por natureza, o nome Stinger evoca rapidez e emoción, dúas características fundamentais deste modelo de produción.
En Europa, o Stinger estará dispoñible cunha gama de tres motores: un 2,0 l turboalimentado e un poderoso V6 biturbo de 3,3 l, ambos de gasolina, e un 2,2 l turbodiésel, que se espera rexistre o maior número de vendas.
O Stinger é o resultado de anos de deseño apaixonado e do traballo de desenvolvemento en Kia. Seis anos despois de que a compañía fixese unha poderosa declaración de intencións co GT Concept, o Stinger entrará en produción e sairá á venda en Europa no cuarto trimestre de 2017.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217