SALUD
Dor de costas lumbares, o primeiro problema de saúde crónico
O 80% da poboación sofre dores de costas nalgún momento, polo que as lumbalxias ocupan o primeiro posto entre os problemas de saúde crónicos en España. Ademais, as enfermidades reumáticas constitúen a primeira causa de incapacidade física laboral.
![[Img #32846]](upload/img/periodico/img_32846.jpg)
Segundo o estudo EPISER da Sociedade Española de Reumatoloxía, o 80% da poboación sufrirá dor lumbar nalgún momento da súa vida. Aínda que a orixe pode estimarse en enfermidades dexenerativas ou traumatismos, a porcentaxe máis alta de casos proveñen de malas posturas ou hábitos incorrectos adquiridos.
Tendo en conta que afecta a un de cada catro españois, a dor lumbar é unha das causas máis frecuentes de baixa laboral. Sen chegar a ser unha doenza grave, as molestias continuas repercuten no desempeño das rutinas cotiás máis sinxelas como camiñar. Para evitar na medida do posible as lumbalxias, os fisioterapeutas recomendan manter unha boa postura corporal e actuar ante os primeiros síntomas. A prevención e o tratamento especializado constitúen a base que sostén a saúde das costas.
Prevención e fisioterapia
A prevención é o primeiro paso para atallar este problema de saúde tan estendido entre a poboación. Unha correcta hixiene postural, tanto no traballo como no resto de actividades diarias, minimizaría as molestias e a dor de costas, evitando que derivase nunha doenza crónica. Así mesmo, o sedentarismo e a obesidade incrementan a posibilidade de sufrir lumbalxias. O exercicio moderado que fortalece os músculos das costas é aconsellable para aquelas persoas que sofren de dor de costas lumbares de forma frecuente.
Dentro da prevención poderíase incluír a atención ante os primeiros síntomas, xa que por norma xeral téndese a esperar a que a dor desapareza ou remita en por si. As primeiras molestias son un detonante que indican que se está manifestando unha doenza que, ao longo do tempo, pode converterse nun problema crónico que afecte á calidade de vida.
O tratamento especializado aplica as diversas técnicas de fisioterapia en función do cadro clínico do paciente. Ademais de aliviar e reducir a dor mediante a terapia específica, a fisioterapia aumenta a función da columna vertebral, fortalece as costas e busca a prevención fronte a problemas futuros. Un tratamento profesional de fisioterapia alivia a dor física e tamén ofrece asesoramento personalizado para evitar futuros episodios de lumbalxia. Neste sentido, estableceranse pautas de hixiene postural e ergonomía a seguir para corrixir posturas inadecuadas no traballo e na rutina diaria, e propoñeranse exercicios físicos que fortalezan a musculatura.
A prevención e o tratamento de fisioterapia coas técnicas adecuadas en cada caso concreto son a aliados fronte á dor lumbar, permitindo gañar calidade de vida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22