Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 22 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán pide á Xunta que inicie os trámites para acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade dos petroglifos

A proposta do goberno foi apoiada por tódolos grupos, de xeito que irá ao pleno de hoxe como declaración institucional.

O Concello de Nigrán solicitará á Xunta de Galicia que inicie os trámites de cara a que os petroglifos galegos sexan declarados como Patrimonio da Humanidade, tal e como xa son os gravados prehistóricos da cornisa cantábrica e os da zona levantina. A proposta do goberno socialista de Nigrán foi apoiada por tódolos grupos políticos da corporación municipal, cos que se acordou unha declaración institucional ao respecto que se aprobou no pleno de onte.

 

"O noso termo municipal é especialmente rico en gravados rupestres e cremos que esta medida sería a máis efectiva para garantir a súa supervivencia e para divulgalos", sinala o alcalde, Juan González. De feito, o recente estudo de prospección arqueolóxica de Nigrán, levado adiante pola empresa DOA, revelou dez importantes achados prehistóricos na comarca, todos eles petroglifos que estaban sen documentar. En total, os arqueólogos analizaron 170 elementos en todo o municipio, máis do 90% consistentes en petroglifos, o que constata a gran riqueza patrimonial de Nigrán neste eido.

 

Polo de agora, os concellos de Poio e Ponte Caldelas xa se sumaron a esta iniciativa promovida por un grupo de investigadores galegos (contan co apoio do Consello da Cultura Galega) e se agarda que se vaian engadindo todas aquelas localidades nas que existe proliferación de petroglifos.

 

"Segundo os expertos, este rico patrimonio está seriamente ameazado, polo que é preciso outorgarlle a máxima protección que conleva a súa declaración como Patrimonio da Humanidade para garantir a súa supervivencia, a súa valoración e o seu coñecemento", sinala o rexedor, quen é ademais historiador.

 

 

 

 

"O noso termo municipal é especialmente rico en gravados rupestres e cremos que esta medida sería a máis efectiva para garantir a súa supervivencia e para divulgalos", sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

O patrimonio arqueolóxico galego ten no conxunto de petróglifos prehistóricos ao aire libre –catro mil anos nos contemplan- un dos seus compoñentes máis significativos, posuidor dunhas singularidades que fan que brille con luz propia no panorama da arte rupestre europea. Os gravados son materia sensible que demandan traballos de limpeza e mantemento para asegurar a súa conservación. A proliferación do mato e da arboreda no seu entorno déixaos sen ningunha protección cando se producen incendios forestais, provocando as altas temperaturas a súa destrución pola ruptura das capas superficiais (termoclastia). As obras incontroladas e os traballos no monte sen adoptar medidas preventivas son outros dos riscos aos que están sometidos.

 

As insculturas son BIC (Bens de Interese Cultural) e, en consecuencia, gozan do máximo grado de protección. En teoría o marco normativo –Lei de Patrimonio Histórico Español de 1985, Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural, e Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia- debería ser suficiente para asegurar o seu coidado e preservación. Sen embargo, a realidade que nos atopamos é que unha parte considerable incluídos algúns dos máis sobranceiros, como a emblemática Pedra das Ferraduras- corren un grave risco, non só de deterioro, senón de desaparición, diante do incumprimento da normativa por parte das institucións.

 

A arte rupestre é a materia identitaria que mellor nos define. O repertorio de insculturas xeométricas e figurativas galegas é, sen ningunha dúbida, dos máis representativos de Europa. Esta manifestación cultural atesoura, ademais, un rico patrimonio inmaterial, de xeito que ao redor destes xacementos arqueolóxicos o pobo foi construíndo ao longo do tempo un discurso popular xenuíno que reflicte non só parte da súa cosmovisión senón tamén toda unha valiosa mostra de construción cultural da paisaxe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.