Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 29 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Silva comprométese a incorporar a participación das persoas con diversidade funcional nos programas da Deputación

A Deputación de Pontevedra subvenciona o proxecto da Confederación Galega de Persoas con Diversidade Funcional para a atención a persoas con diversidade funcional en toda a provincia, especialmente no rural.

[Img #32875]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,  asumiu a semana pasada na súa visita a sede de Confederación Galega de Persoas con Diversidade Funcional (COGAMI) en Vigo, o compromiso de crear unha mesa para avaliar as necesidades e facer un seguimento dos programas da institución provincial incorporado a visión das persoas con diversidade funcional.

 

Silva subliñou que quere introducir en todos os programas da Deputación, aínda que en moitos xa están garantidos, os dereitos das persoas con diversidade funcional, polo que “nos temos que reunir trimestralmente nunha mesa para facer este seguimento e contar coa colaboración de COGAMI”. A Presidenta cualificou o traballo de COGAMI de “admirable” e asegurou que desexa que a mesma colaboración que presta a asociación na ordenación urbanística das cidades poda ser igual para todos os proxectos que desenvolva a Deputación.

 

Na presentación do proxecto “Atención Integral ás persoas con Diversidade Funcional da Provincia de Pontevedra de COGAMI”, que conta cunha subvención da Deputación e a colaboración da entidade La Caixa, a Presidenta  tamén subliñou a necesidade de garantir os mesmos dereitos as persoas con diversidade funcional en toda a provincia “porque estamos nunha sociedade onde tendemos a concentrar todos os servizos nas cidades pero esta provincia conta co moitos concellos rurais onde temos a obriga de garantir os mesmos servizos e dereitos dos nosos veciños e veciñas”. Ademais “no rural estas persoas sofren unha dobre discriminación, que no caso das mulleres é incluso triple”. Por elo a Presidenta puxo en valor o traballo de COGAMI que alonxado dos estereotipos do paternalismo e da caridade “garante dereitos e servizos para todos e todas”.

 

Pola súa banda, Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, destacou que con este proxecto se pretende estender os servizos e dereitos a toda  a provincia para potenciar a autonomía das persoas. O programa, que contará coa participación de moitas entidades de doentes e de diversidade funcional da provincia,  atenderá de xeito individual as necesidades de persoas cunha dedicación especial a aquelas que residen no rural.

 

Para concluír, Carmela Silva, mostrou a súa admiración e orgullo polo traballo que desenvolve COGAMI para garantir os dereitos e servizos das persoas con diversidade funcional. “Necesitamos moitos COGAMIs. Xente que se xunta para defender dereitos e as administracións temos a obriga de colaborar con todos vos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.