Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 31 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva adxudica 343 accións formativas do programa “Conectadas 2017”

Mediante este programa, 5.145 persoas poderán beneficiarse de cursos de formación de 35 horas de duración.

[Img #32883]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer que o próximo luns a Xunta de Goberno adxudicará as accións formativas do programa “Conectadas 2017” que, este ano, vai executar a UTE formada polas empresas Forox e Marexada por valor de 324.000€. En total, se realizarán 343 accións formativas, de 35 horas de duración cada unha, para o mesmo número de entidades esparexidas por 60 concellos da provincia.

 

O programa “Conectadas 2017” está previsto que beneficie, este ano e ao menos, a 5.145 persoas, superando en preto de dous centenares as que asistiron ás accións formativas o ano pasado.

 

Carmela Silva aproveitou a ocasión para recordar os obxectivos principais do programa, que ten por finalidade a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e das novas tecnoloxías.

 

A través de “Conectadas 2017” a Deputación de Pontevedra pretende potenciar a participación e a promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, impulsando accións formativas e incorporando de forma transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.  Para elo, o programa beneficiará a 343 asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que traballan para promover ás mulleres, apoiar o seu desenvolvemento e actuación, empoderalas, así como impulsar o tecido asociativo e a consecución do obxectivo de igualdade entre mulleres e home.

 

En total, o programa ofrece oitos bloques de accións formativas: Muller emprende, con cursos para crear empresas, administrar redes sociais, comercio electrónico, asesoría laboral e coaching; Muller e cultura, con formación sobre fotografía, pintura, percusión e canto tradicional, teatro e encontro con lectoras; Actualízate, con cursos sobre alfabetización dixital e socializándose coas redes; Coas túas mans, con formación sobre cestería, traballos en tea, coiro, madeira e outros materiais e costura creativa; Porque ti o fas, con cursos sobre arte floral, poda, xardinería e horta ecolóxica; Súmate ao cambio, con formación sobre cociña e alimentación, conservación de alimentos, cociña, tapas e petiscos, pastelería e repostería creativa, iniciación á costura, coidados, mantemento do fogar e xestión doméstica, coida o teu vehículo, bricolaxe e reparacións, reciclaxe e igualdade; Ponte en forma, con cursos sobre pilates, taichí, ioga, ximnasia, zumba e sendeirismo; e coidados persoais, con formación sobre menopausa de forma saudable, coidar coidándonos, relaxación, intelixencia emocional, risoterapia, musicoterapia e obradoiro de mindfulness.

 

Este ano as accións formativas máis solicitadas pertencen ás áreas de Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais. Máis polo miúdo, os máis demandados son os cursos de traballos en tea, coiro, madeira e outros materiais; Zumba; Pilates; Ximnasia de mantemento; Coxiña. Menú diario; Risoterapia; Pastelería e repostería creativa; Cociña e alimentación. Hábitos saudables; Arte floral. Ornamentación; Cestería; Alfabetización dixital II: internet, correo electrónico; Costura creativa; Teatro e Ioga.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.