Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 31 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno da Deputación adxudica os contratos para a posta en marcha de “Depoaventura” a Lanzada

A institución provincial destina preto de 240.000 € para a programación lúdico educativa e a subministración dos alimentos para “Depoaventura” A Lanzada.

[Img #32893]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar os expedientes para a adxudicación dos contratos, por valor de preto de 240.000 €, do servizo de asistencia técnica educativa así como da subministración de produtos alimenticios do programa “Depoaventura A Lanzada 2017”. En concreto, Move Servicios de Ocio y Deporte S.L. encargarase da asistencia e posta en marcha da programación lúdico educativa dos campamentos, por valor de 156.812,17 €, e Miguel Ángel Ventín Portasany, da subministración dos alimentos, por importe de 78.518,20 €.

 

A II edición do programa “Depo Aventura A Lanzada” oferta 2.200 prazas para nenas e nenos da provincia de Pontevedra con idades comprendidas entre os 8 e 13 anos. Delas, 300 serán gratuítas para menores en situación ou risco de exclusión social, que poderán gozar de sete días na Lanzada en réxime de pensión completa e cunha ampla programación de actividades para o tempo libre. Neste eido, Carmela Silva adiantou que “amais de actividades lúdicas, culturais, artísticas, medioambientais, deportivas e formativas, este ano imos impulsar, por primeira vez, que unha parte importante das mesmas teña lugar en inglés”.

 

“DepoAventura A Lanzada” desenvolverase entre o 25 de xuño e o 9 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración cada unha (do 25 de xuño ao 1 de xullo, do 2 ao 8 de xullo, do 9 ao 15 de xullo, do 16 ao 22 de xullo, do 23 ao 29 de xullo, do 30 de xullo ao 5 de agosto, do 6 ao 12 de agosto, do 13 ao 19 de agosto, do 20 ao 26 de agosto, do 27 de agosto ao 2 de setembro, do 3 ao 9 de setembro).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.