CULTURA
Un ciclo moi especial no CEP Carlos Casares
Christian Casares visita o centro que xa visitara o seu pai en 2000 e a súa nai en 2003.
![[Img #32908]](upload/img/periodico/img_32908.jpg)
O luns 29 de maio, Christian Casares Berg, o fillo máis novo do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Carlos Casares Mouriño, visitou o CEP Carlos Casares de Alxén, en Salvaterra de Miño, para ter un encontro co alumnado do centro que leva o seu nome desde o ano 2002.
Xa no ano 2000 fora o seu pai quen o fixera para apadriñar unha aula do centro, a de 4º, e, máis tarde, a súa nai, en 2003 para descubrir a placa co novo nome do centro. Complétase así un ciclo neste ano das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares. O acto resultou moi emotivo, tanto para o fillo de Casares como para o alumnado e mesmo para o profesorado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126