MOS
Unha Capela con máis de 300 anos de historia
Javier Baquero investiga sobre as orixes da construción relixiosa e tamén do topónimo que denomina á parroquia.
![[Img #32916]](upload/img/periodico/img_32916.jpg)
O historiador mosense Javier Baquero regresa a Xornal 21 cunha nova entrega da historia do patrimonio cultural do municipio de Mos, nesta ocasión para contarnos as orixes da emblemática Capela de Pena de Francia, na parroquia de Dornelas, na que, entre outros eventos relixiosos, ofíciase cada ano a finais de agosto unha Misa con motivo da Festa dos Maiores, na que se homenaxea aos matrimonios mosenses que celebran ese ano as súas Vodas de Ouro ou 50 anos de casados.
A Capela de Pena de Francia naceu como ‘Capela do Maiorazgo de Fonte Santa’, xa que a familia da que era propiedade vivía antes da fundación do Maiorazgo no lugar de Fonte Santa en Cotiño (Dornelas). No ano 1687 foi fundado o maiorazgo no que se atopa a Capela de Nosa Señora da Pena de Francia por D. Gabriel Alonso de Pazos. Segundo escritura do ano 1696, este Maiorazgo limita polo oeste co lugar de Auga da Fame e este, á súa vez, polo norte confina coa Fonte da Fame, á cal hoxe lle atribúen o nome da Pena por estar próxima á Capela.
Son varios os documentos que com¡nfirman a existencia da Capela antes do ano 1767, data que aparece gravada na clave do arco da porta principal. En 1661 xa era cura de Dornelas D. Gabriel Alonso de Pazos quen, ao falecer, pasou o maiorazgo á súa sobriña, Antonia Jacinta de Pazos e Olmedo, casada con Benito de Pazos. Antonia e Benito tiveron unha filla, Juana Benito de Pazos e Olmedo, quen casou con José Ignacio de Novoa e tiveron dúas fillas e tres fillos, un dos cales é posible que fose D. Antonio de Novoa, que foi cura de Tameiga dende o ano 1765 e déuselle sepultura na Igrexa de San Martín de Tameiga o 1 de agosto de 1791.
Cantos anos terá a Capela?
Se se constriu cando se fundou o maiorazgo, terá 330 anos e a parte das pedras da porta principal posiblemente sexa máis antiga que a Capela xa que, segundo considera Javier Baquero, trátase da que fóra Igrexa de Tameiga e trasladouse a ese lugar no ano 1767, fai 250 anos, con motivo da construción da actual Igrexa de San Martín.
A igrexa de San Martín de Tameiga era pequena e necesitaba ser ampliada. Era necesario sacala do seu lugar para deixar o chan limpo e facer as sepulturas que quedarían dentro da nova igrexa. A partir do ano 1833 deixouse de enterrar no interior.
Ao estar a pequena igrexa en fase de traslado bautizouse a un neno na taberna, como se demostra nun dos escritos aportados por Javier Baquero: “O ano 1767, D. Antonio de Noboa, cura de Tameiga bautizou un neno Espósito na Taberna de Portela que, nacido o 10-03-1767, púxolle o nome Martín Aparicio (...) cuxo espósito (...) levárono ao hospital Real de Santiago...”
No ano 1767, o cura de Tameiga, D. Antonio de Novoa, falaría co señor Bispo e propoñeríalle trasladar ao Maiorazgo da súa familia a pequena igrexa e unila á capela. Con isto os fregueses terían un templo amplo e próximo para seguir oíndo Misa durante os anos que tardaría en ser construída a actual igrexa.
No edificio da Capela de Pena de Francia obsérvase unha unión no seu interior que provoca que non estea concéntrico o teito do que sería a igrexa co arco da capela. Isto non sucedería se a Capela fose de nova construción.
A nova igrexa de San Martín de Tameiga estaba construída ou case terminada de construír no ano de 1773, data na que se realizou o contrato para a realización do retablo da capela maior da nova Igrexa de San Martín de Tameiga, sendo cura da devandita igrexa D. Antonio de Novoa e doutra parte D. Juan de Araujo e Figueroa, mestre de escultura veciño da vila Vella de Redondela.
No ano 1779 píntase o retablo da Igrexa de Tameiga, segundo a data que apareceu gravada no retablo cando o restauraron.
Como se pode apreciar nas partidas de bautismo e defunción de Dornelas e Tameiga, a partir do ano 1765, é cura de Tameiga D. Antonio de Novoa e ditas partidas demostran tamén o parentesco deste cos señores do maiorazgo fundado por D. Gabriel Alonso de Pazos, tal e como se expón ao comezo desta reportaxe.
Unha vez a igrexa estivo terminada, e por primeira vez en 100 anos, o Bispo visita a Capela da Nosa Señora da Pena de Francia. Nesta visita do 24 de xuño do ano de 1781, o señor Bispo acude tamén á Igrexa de Santa Mariña de Dornelas e visita a Capela da Nosa Señora da Fonte Santa e manda que se faga retablo e píntese o crucifixo de estaño.
É por todo isto que a Capela de Pena de Francia, aínda que ubicada en Dornelas, alberga no seu interior o corazón de dúas parroquias: Dornelas e Tameiga; xa que se trata dunha construción resultante da unión da antiga Igrexa de Tameiga (que sería trasladada para poder construír a actual Igrexa de San Martín, segundo a Teoría de Javier Baquero) e a Capela da Pena de Francia.
A orixe do nome de Dornelas
Aproveitando a investigación realizada sobre as orixes da súa Capela de Pena de Francia, Javier Baquero indaga tamén sobre o nacemento do nome da parroquia de Dornelas. Considera Baquero que posiblemente Dornelas fose, nas súas orixes, un lugar onde se construían dornas.
A dorna era o recipiente onde se fervía o mosto e, unha vez férvido, extraíano por un buraco que tiña na súa parte inferior, quedando no seu interior o bagazo. Este despois collíase e botábase na lagareta ou lagar, e aí apertábase para extraer o resto do viño. Noutros lugares a este recipiente chamábanlle tina.
Pero non é esta a única teoría que o historiador mosense aporta sobre o topónimo de Dornelas, senón que a súa segunda liña de investigación apunta a outra acepción da palabra dorna, coa que se denominaba ao recipiente destinado a recoller auga. Esta segunda teoría pode resultar tamén de moi probable certeza, xa que na parroquia de Dornelas existen, nin máis nin menos, que 22 presas e pozas de auga; polo que se trata dunha zona cunha profunda e estreita relación co líquido elemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149