CULTURA
13.000 persoas visitan o Festival de Cans na súa edición máis exitosa
Durante os seus catro días de duración, o Festival potenciou os coloquios e encontros e reforzou a programación adicada ao público infantil.
![[Img #32943]](upload/img/periodico/img_32943.jpg)
A décimo cuarta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 13.000 persoasque esgotaron todas as sesións con entradas á venda. Sigue quedando patente deste xeito a existencia dun público fiel, tanto local como foráneo, moi diverso e con idades comprendidas entre os 0 e os 80 anos.
Entre toda a programación cómpre destacar o grande éxito que acadou a programación do xoves, reforzada nesta edición para conseguir atraer a xente xa dende os primeiros días do Festival ata o centro do Porriño. O bo tempo e as numerosas actividades programadas encheron as terrazas de todos os locais de hostelería cercanos á Praza do Concello. A Noite Gía dos Videoclips erixiuse como a que máis asistentes tivo na historia do Festival e, tanto os cociñeiros Mahou Cinco Estrellas do Restaurante Maruja Limón coma os novísimos DJs Electris Feels, atraeron a público xa dende a metade da tarde ata a celebración do concerto da banda Escuchando Elefantes, coa que rematou a xornada.
A nosa sección MiniCans e o Parque do río, o espazo pensado para os máis pequenos, consolidouse como o gran punto de encontro para as familias dende primeira hora da mañá ata a posta do sol. No tocante á parte da programación pensada para os máis pequenos e pequenas da casa, tanto o espectáculo de Polo correo do vento como os concertos de Cantarolas para xente miúda ou O Trío do Acivro foron un auténtico éxito. Ademais, no noso Cans do Futuro pasaron preto de 1.200 escolares e estudantes de escolas e institutos.
O Espazo Mahou na Leira de Alicia continúa sento un dos maiores puntos de encontro do Festival, con xente de xeito estable dende primeira hora ata a noite. Cómpre destacar o grande éxito que acadaron os concertos Mahou Cinco Estrellas de León Benavente -que esgotou entradas antes da súa celebración- ou Eladio y los Seres Queridos, que completou tamén aforo e sorprendeu aos asistentes á actuación cantando o tema “Havemos de ir a Viana” acompañado por Uxía. A zona volveu ser escenario do noso segundo “Dálle caña!”, un coloquio cun formato informal no que os curtametraxistas da sección oficial a concurso presentaron as súas producións ante o público e debateron sobre a aventura de iniciarse no audiovisual. Na Leira de Alicia-Espazo Mahou tamén se desenvolveu o noso habitual Coloquio na Leira, protagonizado nesta ocasión polo cineasta vasco Montxo Armendáriz, que conseguiu congregar a uns 500 asistentes.
Houbo un 100% de ocupación das prazas hoteleiras, mesmo dende días antes do festival, e moita xente buscou aloxamento en zonas limítrofes como Vigo, Tui ou Ponteareas
Na liña dos coloquios e encontros, a estes dous temos que sumarlles tamén o noso I Encontro de realizadores e realizadoras de videoclips, o café con CREA -que contou coa presenza do director Guillermo García, gañador dun Goya polo documental Frágil equilibrio- ou os estreados nesta edición coloquios con AISGE, que levaron por nome “Taller da memoria”, “Actores e actrices: non é ouro todo o que reloce” e “Ser muller e actriz”.
Ademais, o encontro do público de Guillermo García trala proxección do seu filme foi un dos máis comentados polo público e a conversa mantida por Daniel Guzmán e Suso de Toro cos asistentes tras ver Mar de fondo será recordada como a protagonista dun dos momentos máis emotivos e do Festival, véndose parada ás veces sen que os protagonistas puidesen continuar ante a evidente emoción.
Grandes momentos Cans 2016
As nosas seccións A que andas? e Fill@s de Cans continúan a darnos os mellores adiantos do que está a pasar no noso audiovisual, á que se lles sumaron este ano Furacáns e Extra-Cans, nas que os realizadores e realizadoras amosaron as súas apostas máis arriscadas.
Os concertos de Corizonas, Adrián Costa & The Cryers e Terbutalina foron multitudinarios e encheron o Torreiro ata a bandeira, cun entregadísimo público que non deixou de bailar e cantar en ningún momento. Ademais, os asistentes tamén responderon de xeito positivo en todas as actividades dos espazos de programación paralela do Festival: o Cans Voulevar, a Sala Multiusos, o Baixo de Bugarín ou o Jalpón de Alicia, que encheu por completo todas as súas sesións e incluso tivo que acoller algún pase doble ante a insistencia do púlico, como sucedeu coa estrea mundial de “Ninguén che quere”, o novo videoclip de Terbutalina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118