O PORRIÑO
O PP denuncia o deterioro da estrada de Torneiros a Mosende, no Porriño
Alejandro Lorenzo reclama cambio de asfalto, desbroce das cunetas, pintado da estrada, melloras na iluminación e sinalización de pasos de peóns.
![[Img #32944]](upload/img/periodico/img_32944.jpg)
O Partido Popular denuncia "o grave deterioro que sofre a estrada provincial de Torneiros a Mosende, no Porriño". A voceira do grupo provincial do PP, Nidia Arévalo, percorreu esta estrada xunto co presidente local do Porriño, Alejandro Lorenzo, para comprobar “as condicións de abandono que sofre esta vía ante a pasividade do Bipartito da Deputación de Pontevedra”.
“Non se pode entender que co Parque de Maquinarias que ten a Deputación de Pontevedra, teñan as estradas nun estado tan lamentable, tan deterioradas e con tantas deficiencias”, criticou Arévalo. Así, recordou que o grupo provincial leva recorrida toda a provincia nestes dous anos para denunciar situacións coma esta en moitos dos seus concellos. “Que podemos esperar de un goberno Bipartito que nin sequera é capaz de manter en boas condicións as estradas da provincia”, engadiu.
Nidia Arévalo critica que non se entende que poidan ter as estradas neste estado lamentable tendo en conta o Parque de Maquinarias do que dispoñen
O presidente local do partido, Alejandro Lorenzo, sinalou que esta estrada precisa de unha actuación urxente. Así, os populares urxen o cambio de asfaltado, desbroce das cunetas, pintado da estrada, melloras na iluminación e sinalización de pasos de peóns. “Esta estrada está instransitable para os peóns”, criticou, ao tempo que recordou que por ela camiñan a diario moitos nenos que se expoñen a situacións de risco pola pouca visibilidade nas cunetas e pola falta de pasos de peóns. Ademais, apuntou que a escasa iluminación provoca que pola noite a visibilidade sexa practicamente nula.
Alejandro Lorenzo cuestiona, tamén, o papel do concello no estado das estradas provinciais do Porriño. “Non se pode consentir esta desidia nin pasotismo do Bipartito da Deputación, pero tamén nos preguntamos que papel xoga aquí o Goberno local. Nin unha soa reclamación, e co seu silencio están sendo cómplices desta situación”. Nesta liña, recorda que o deber do Goberno local é defender os intereses dos veciños do Porriño e, neste caso, está clara cal debería ser a súa postura. Por iso, os populares presentarán unha moción no pleno municipal para reclamar á Deputación unha actuación urxente nesta estrada e, confían, sexa aprobada por maioría.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148