Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 02 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A cara máis artística dos mosenses máis novos decora o Multiusos das Pozas

O lema “DE-MOS-TRA” representa a imaxe dos nenos e mozos de Mos nun contorno no que se concentran o Instituto, o Colexio de Petelos, a Piscina Municipal, o Pavillón Óscar Pereiro e a OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil.

[Img #33010]


Onte pola  tarde rematou o curso de graffiti no que están a participar 16 nenos e nenas mosenses da man do artista Delio Rodríguez Ces e que se impartiu os días 5 e 6 de maio e o xoves 1 de xuño

 

Con motivo do proxecto de creación dun graffiti nunha das paredes do Multiusos das Pozas, dende a concellería de Educación e Participación Cidadá propúxose que, con anterioridade se levase a cabo un obradoiro de graffiti.

 

O taller de iniciación á pintura mural tiña por obxectivo pintar a parte baixa da parede coa colaboración activa dun grupo de participantes, principalmente enfocado á xuventude.

 

O lugar elixido para pintar o graffiti foi porque se trata dun contorno no que se concentran o Instituto, o Colexio de Petelos, a Piscina Municipal, o Pavillón Óscar Pereiro e a OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, e é polo tanto unha zona de gran afluencia de nenos/as e mozos/as.

 

Elixiuse como lema principal da exposición gráfica la palabra "DEMOSTRA" por varios motivos:

 

Considerouse que é una expresión alusiva a valores de esforzo, motivación e superación que implica tanto forza como un enfoque positivo que incrementa o valor de este proxecto.

 

A palabra "DE-MOS-TRA" contén dunha forma clara o nome do Concello. Recalcouse este aspecto utilizando principalmente as cores vermella, amarela e branca do escudo, facilitando que o mural poida transformarse nunha imaxe identificativa tanto o Concello como para todos os veciños.

 

O taller constou de dous niveis segundo as idades e aptitudes dos participantes: "JUNIORS" e "NIVEL 2. Os JUNIORS de ata 10 anos e sen experiencia previa realizaron o recheo das letras (previamente delimitadas) con salpicaduras, manchóns, marcas cas mans, etc. Esta parte do taller consistiu nunha primeira toma de contacto ca pintura mural de forma divertida e amena. Antes de comezar se lles orientou sobre o que debían pintar, como e onde. Os rapaces do Nivel 2, participantes de máis de 10 años, o con algunha experiencia previa, axudaron na decoración floral que enmarca ás letras.

 

Cada un dos niveis comezou o obradoiro cunha charla orientativa  enfocada á introdución nas técnicas que se utilizaron, a planificación e o desenvolvemento do proceso. A clausura do curso contou esta tarde coa visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, que puideron observar de primeira man o espectacular resultado do graffiti xa rematado.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.