PROVINCIA
Carmela Silva recibe ás “heroínas” do Atlético Guardés, campioas de Liga de Balonmán feminino
A Presidenta confirmou que a Deputación de Pontevedra levará adiante a redacción do proxecto de ampliación do pavillón da Sangriña.
![[Img #32992]](upload/img/periodico/img_32992.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta semana no Pazo provincial á directiva, ao equipo técnico e ás xogadoras do equipo de balonmán Atlético Guardés, que veñen de alzarse co título de campioas da División de Honor de Balonmán, a máxima categoría da súa disciplina. No encontro, no que tamén estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, maila Deputada e concelleira da vila Montse Magallanes, a Presidenta provincial asegurou que “a Deputación de Pontevedra vai levar adiante, con medios propios, a redacción do proxecto para a ampliación do pavillón da Sangriña”, isto é, as instalacións municipais que emprega o equipo.
Carmela Silva resaltou que “este é un feito histórico”, xa que é a primeira vez que o Guardés se fai co primeiro posto desta Liga, e resaltou que “ademais nunha vila de menos de 10.000 habitantes como é A Guarda, o que me fai sentirme moi orgullosa de todas vós” xa que “sodes un exemplo de que con poucos recursos, dende logo moitísimos menos que dos que dispoñen nas grandes cidades e noutras comunidades autónomas máis ricas que a de Galicia, se poden conseguir grandísimas cousas”.
A Presidenta provincial lembrou que “o deporte feminino necesita moitos máis recursos e tamén moita máis visibilización”. Carmela Silva afirmou que “dende a Deputación estamos facendo un grande esforzo polo deporte feminino, pero queremos tamén que se recoñezan os vosos méritos, os vosos nomes e as vosas caras, que non quede nunha nova duns días senón que o conxunto do colectivo da nosa cidadanía lembre que sodes as campioas de liga”.
Carmela Silva cualificou ás xogadoras do Atlético Guardés de “heroínas” e asegurou que “sodes un exemplo para todas as mulleres” e, ademais, “marcastes historia”. Pola súa banda, o alcalde da Guarda agradeceu “o compromiso deste Goberno da Deputación de Pontevedra co club e coa redacción do proxecto” e o presidente do club, José Manuel Silva, asegurou que “temos que loitar por que o deporte feminino teña as mesmas axudas que o deporte masculino dende todas as administracións”.
Como colofón do encontro, Carmela Silva fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa do seu título e, ademais, a Presidenta provincial recibiu unha camiseta asinada por todas as xogadoras do club.
Co seu novo título, as xogadoras do Atlético Guardés xogarán unha clasificatoria para a Champions League de balonmán e, ademais, disputarán a Supercopa de España co equipo gañador da Copa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158