Lunes, 22 de Septiembre de 2025

Xornal21
Jueves, 01 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A corporación do Porriño rexeita a decisión da Xunta de retirar a ESO do CEIP da Ribeira

Instar á Concellería de Educación a que desista da súa intención de deixar de impartir o curso de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) no Centro de Público de Integración (CEIP) da Ribeira, situado en Torneiros.


Esta foi a resolución adoptada polo Pleno do Concello, a proposta do Grupo Municipal de EU-SON, e no mesmo sentido que a que defenderá a concelleira de Educación, Lourdes Moure, en nome do Grupo Municipal Socialista.
Un acordo transaccional permitiu que a Corporación dese o seu apoio á moción presentada polo concelleiro Pedro Ocampo quen rexeitou este peche que, como estiveron dacordo os grupos socialista, de UDDL, BNG e EU-SON, “deixaría o CEIP da Ribeira coma un centro de Primaria” e supón, ademais un ataque á Educación pública, gratuíta e de calidade.


Coma indicara a concelleira de Educación,o CPI Da Ribeira é o único centro público de integración do Porriño, no que o 35% dos seus alumnos son de etnia xitana, “conseguíndose ao longo dos anos que a integración do colectivo na vida e actividades do concello, a eliminación do absentismo escolar, a participación do alumnado, tanto nenas como nenos, nas actividades extra escolares, “que pasou do 3% en 2009 ao 80% este mesmo ano”.


Lourdes Moure alertou de que o peche do curso da ESO do CPI Ribeira “suporá un retroceso no bo camiño emprendido pola comunidade educativa que permitiu que as rapazas e rapaces de etnia xitana non so rematen Secundaria senón que segan cos seus estudos de Bacharelato, conseguindo moitas das metas que se propuxeran e que poderían sufrir un dano incalculable se, finalmente, se prescinde do Ensino Secundario Obrigatorio”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.