PONTEAREAS
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da festa do Corpus Christi de Ponteareas
O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Cultura e Turismo presentaron esta semana a festa do Corpus Christi.
![[Img #33005]](upload/img/periodico/img_33005.jpg)
O concello de Ponteareas presentou esta semana a festa do Corpus Christi na Casa de Galicia en Madrid da man do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.
Na presentación, o Delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia en Madrid, Xosé Ramón Ónega, resaltou a beleza do arte das alfombras “esta belísima labor floral non é improvisada. É unha inspiración donde a beleza e o sentimento triunfan. Xa o dixo Baudelaire que a inspieración é traballar tódolos días”.
Ónega quixo destacar o arte que se agocha detrás de cada tramo alfombrado “ estas creacións florais son arte, e o arte é, sobre todo un estado do alma, como exprosou Marc Chagall. “Si o arte é unha rebelión contra o destino, que dixo Malraux, esta demostración de arte, inxenio e traballo, son o espírito dun pobo que sabe crear beleza. En Ponteareas únense para crear estas marabillas”.
Pola súa parte, a concelleira de Cultura explicou aos asistentes o traballo que durante todo o ano realizan os alfombristas, dende a elaboración do deseño á recollida de verde e flores, as técnicas de conservación e almacenaxe que se empregan é o esforzo que supón cada tramo alfombrado.
O delegado da Xunta en Madrid, X.R Ónega resaltou a beleza das alfombras de Ponteareas
Como novidade, a concelleira Hortensia Bautista presentou a páxina web oficial do Corpus Christi, www.corpuschristi.com donde se recollerá a historia da festa, os carteis, os medallistas, todos os tramos de alfombras, noticias…
Pechou a rolda de intervencións, o Alcalde de Ponteareas, que introduxo a visita dos alfombristas da vila de Gerano en Roma, Italia, a colaboración con Monçao e A Orotova e a participación en distintos proxectos internacionais.
“Non hai imaxe nin vídeo que poida describir o significado das alfombras para Ponteareas e para os visitantes. O Corpus é un sentir co que nacen os pontearéans e que saben transmitir aos visitantes que marchan co arrecendo das flores e a beleza dos deseños grabadas no recordo”, engadíu o Alcalde.
Durante o acto houbo tempo para un emotivo momento no que o pregoeiro da anterior edición, o xornalista Roi Groba, foi convidado polo Delegado da Xunta a intervir. Groba tivo fermosas palabras de agradecemento para os ponteareáns, para os alfombristas e para todos os presentes.
Para rematar, todos os asistentes puideron degustar os viños Vila do Corpus acompañados de rosquillas de Ponteareas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149