Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 05 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra xestiona 8,5 millóns de euros da UE en diversos proxectos

A Presidenta da Deputación anuncia a posta en marcha dun novo “Practicum Depo” para a mobilidade de estudantes de formación profesional.

[Img #33027]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a semana pasada en rolda de prensa que  poñerá en marcha un novo programa “Practicum Depo” para a mobilidade de estudantes de formación provincial co que a institución provincial vai xestionar 8,5 millóns de euros de fondos europeos para distintos proxectos.

 

Carmela Silva subliñou que a Deputación acaba de recibir a aprobación, de case 900.000 euros para o “Practicum Depo” de 2017, co que vanse poñer en marcha 93 novas mobilidades que permitirán que alumnado e profesorado de 33 centros educativos de formación profesional poidan coñecer as prácticas realizadas noutros países de Europa.

 

Estas mobilidades comezarán en xuño. Teñen que estar rematadas en maio de 2019 e pódense realizar en Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Finlandia e os Países Baixos. En concreto serán 81 alumnas e alumnos tituladas nun grao medio os que poderán facer prácticas cunha duración de 6 meses en estes países.

 

A Presidenta recordou que ate de agora a Deputación xestionaba catro proxectos por valor de 7,6 millóns de  euros de inversión na provincia de Pontevedra. Trátase de 2,5 millóns de euros para o proxecto “IN 4.0” que pretende impulsar a dinamización e competitividade da industria naval da provincia transformando o seu tipo de modelo nun negocio 4.0. Os proxectos “Smart Miño”, por preto dun millón euros, para estratexias de cooperación intelixente no Miño Transfronteirizo e o “Visit Río Minho”, con 2 millóns de euros de orzamento, para a preservación e valorización do río Miño Transfronteirizo. E o programa “ESTRAEE”, un proxecto cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros para impulsar unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.