MOS
A Xunta autoriza máis de un millón de euros para a humanización do nó de Sanguiñeda
As obras, que serán executadas pola Administración local, consistirán na reordenación do enclave, a da Costilleta e a das Angustias, da vía que existe entre ambas e os treitos non urbanizados das demais rúas da zona.
![[Img #33031]](upload/img/periodico/img_33031.png)
O Consello da Xunta autorizou o proxecto de acordo polo que se aproba a sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos para o acondicionamento do nó de Sanguiñeda, entre as estradas N-120 e a N-550, a través dun investimento de algo máis de un millón de euros. Este convenio terá vixencia ata finais do ano 2019.
Este acordo nace da necesidade, por parte do Concello pontevedrés de Mos, de adoptar medidas para a humanización e a mellora da accesibilidade dos peóns no nó de Sanguiñeda, polo que solicitou a colaboración do Goberno galego para a súa urbanización. Esta vía de titularidade local sitúase entre a Autovía A-55 e a estrada N-550, na zona limítrofe entre os municipios de Mos e Porriño, e conta cun tráfico importante de acceso aos núcleos próximos.
O Executivo autonómico comprométese a subvencionar a actuación, por algo máis dun millón de euros, importe no que están incluídos os gastos de execución das obras e os dos contratos accesorios de servizos para o control das mesmas. Pola súa banda, o Concello de Mos contratará e executará as obras, ao mesmo tempo, como paso previo á licitación da obra, ten asumido no pasado mes de abril a titularidade dos primeiros 160 metros da PO-329 (Sanguiñeda-Torneiros), ata o límite co Concello do Porriño. Trátase dun tramo da denominada rúa Progreso incluído nas obras obxecto do convenio
Este acordo nace da necesidade do Concello de Mos de adoptar medidas para a mellora da accesibilidade dos peóns no nó de Sanguiñeda, polo que solicitou a colaboración do Goberno galego para a súa urbanización
A actuación ten por obxecto mellorar da seguridade viaria e reordenar os espazos, dando maior protagonismo aos tráficos peonís, polo que abarca as seguintes zonas:
- Actuación entre a avenida Sanguiñeda, a PO-511 e a rúa Progreso (PO-329); e a das Angustias, que conecta a N-550 coa N-120, a avenida de Galicia e a rúa Ramiranes.
- A vía existente entre as dúas glorietas: de 265 metros de lonxitude, que pasa sobre a vía de ferrocarril; ten actualmente dous carrís de circulación de 3,5 m de ancho e beiravías de menos dun metro, polas que transitan a pé e de maneira pouco segura os usuarios do entorno
- Os tramos que non se atopan urbanizados ou que é preciso renovar das restantes rúas indicadas nas aproximacións ás glorietas.
Neste momento, xa se redactou un proxecto construtivo no que se definen as seguintes actuacións, que se adaptan todas ás aliñacións urbanísticas vixentes, como son a execución de beirarrúas desde a glorieta das Angustias ata a da Costilleta; a reordenación da sección transversal nos accesos ás glorietas, reducindo as beiravías para incrementar o ancho das beirarrúas; e as beirarrúas da N-550 e da rúa Ramiranes, polas que descorre o Camiño Portugúes, que se executarán con pedra granítica.
Así mesmo, levarase a cabo a creación dunha zona de aparcadoiro entre a rúa Ramiranes e a Avenida de Galicia; mellorarase a rede de drenaxe e a rede de alumeado público; rehabilitarase o firme das vías, mediante fresado da rodadura e extensión dunha nova capa; e a sinalización, balizamento e varandas para protección de peóns, ademais de dotar de mobiliario urbano e xardinería.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149