O PORRIÑO
O BNG di que "de la Torre quere facer propaganda partidista coa aula da UNED"
O BNG apoia a apertura da delegación no Porriño pero esixe que se lle dea toda a información sobre o convenio.
Dende o BNG din que "se o goberno local quere que a apertura dunha Aula da UNED no Porriño sexa unha demanda avalada polo Pleno da Corporación”, engaden que se quere que “non sexa iniciativa dun Grupo Político singular (sic), tal como reza na moción presentada polo grupo socialista no pasado pleno municipal, se ese é o seu desexo, por que entón non fixo o traballo previo de informar ao resto dos corporativos sobre as condicións da apertura desa aula?"
O Bloque Nacionalista Galego "por suposto que apoia a apertura dunha Aula da UNED no Porriño, que lle dea servizo aos maiores de 25 anos que queiran acceder á Universidade e que no futuro poida ampliarse tamén ao estudo doutras carreiras. Pero descoñecemos en que condicións se asinará o convenio e que opcións se barallan para ubicar a Aula. Enterámonos pola prensa dunha reunión celebrada o pasado 16 de marzo entre a alcaldesa, varias concelleiras, a directora da UNED en Pontevedra e o presidente dos empresarios do Polígono da Granxa". "Por que non se convocou unha xunta de voceiros para explicarnos ao resto dos grupos cómo van as negociacións e cais son as condicións do convenio entre o concello e a UNED? Cómo pretende a alcaldesa e o seu goberno recabar o apoio do resto da Corporación se oculta información necesaria para apoiar a iniciativa?”, pregunta o portavoz do BNG Pedro Pereira.
Por último instan "a Eva García e os membros do seu goberno a que convoque aos grupos da oposición para avaliar as condicións en que se debe efectuar o convenio coa UNED e para que -esta vez sí- entre todos escollamos a mellor opción para as porriñesas e porriñeses. Así é como entendemos dende o BNG que se debe gobernar polo ben común".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148