PROVINCIA
A Illa de Arousa convertirase este mércores no escenario da Final da Copa Deputación de fútbol
O Estradense e o Choco redondelán, gañadores das semifinais do norte e o sur da provincia, medirán as súas forzas a partires das 21:15 horas.
Mañá mércores 7 de xuño terá lugar a gran cita para todos os seguidores e seguidoras do fútbol da provincia de Pontevedra, xa que o campo de fútbol Salvador Otero, na Illa de Arousa, acollerá a final da décima Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra que se disputarán o CD Estradense e o CD Choco. O encontro, ó que asistirá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, comezará a partir das 21:15 horas e terá capacidade para acoller a arredor de 1.500 espectadores e espectadoras. Ademais, tamén será retransmitido por streaming na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.gal.
O encontro poderase ver por streaming na páxina web da Deputación, www.depo.gal
Neste partido enfrontaranse os dous equipos gañadores das dúas semifinais da Copa, que enfrontaron aos equipos do norte e do sur da provincia de Pontevedra. O vencedor da semifinal norte foi o Club Deportivo Estradense, dende A Estrada, que se enfrontou ao Céltiga FC da Illa de Arousa e logrou vencer con 2 goles a 0. Pola súa banda, a semifinal dos equipos do sur saldouse coa vitoria do Choco de Redondela, que gañou fronte ao Sporting Guardés co mesmo resultado (2-0).
Ademais de proclamar ao equipo vencedor do trofeo, durante o partido celebrarase o sorteo de dúas bicicletas que tamén se entregarán nesta xornada ás persoas gañadoras. Para poder acceder ao premio, o CD Estradense e o CD Choco venderán rifas a todas as persoas asistentes ao partido. As rifas, ademais, servirán como un incentivo económico para os clubs, xa que o encontro ten entrada de balde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85