MOS
Mos ampliará o paseo fluvial do Louro
O actual sendeiro ecolóxico incrementará a súa lonxitude nun quilómetro máis grazas a esta nova actuación.
![[Img #33092]](upload/img/periodico/img_33092.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto anunciaron onte unha nova actuación de ampliación do Sendeiro Ecolóxico do Río Louro que se situará na contorna da marxe dereita do río, entre o Camiño de Lagoal e próximo ao Camiño da Noveleda.
O novo tramo da senda fluvial terá a dobre finalidade de mellorar e ampliar a ruta fluvial do Río Louro con criterios ambientais e de accesibilidade, e de poñer en valor o patrimonio natural (o propio río) e cultural (muíños) existente.
Tendo en conta estes obxectivos, a nova actuación, cunha lonxitude aproximada de 1 Km, permite prolongar a senda fluvial existente augas abaixo, entre o Camiño de Noveleda e o Camiño da Gata, cuxa lonxitude é duns 3 Km.
Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, explicaron que “os criterios de deseño procuraron proxectar un novo tramo de senda a executar pola marxe dereita do Louro, fóra do Dominio Público Hidráulico e adosado a el pola zona de servidumbre, e deseñado na medida do posible cun material ecolóxico, resistente, e integrado na contorna. O trazado da senda adáptase, na medida do posible, á orografía do terreo, minimizando o movemento de terras necesario para o caixeado, e mantendo inalterable o comportamento do río nos procesos de avenidas”.
Tendo en conta a dispoñibilidade de espazos e a mellor adaptación ao terreo o novo tramo da senda, esta acometerase con dous tratamentos diferentes, sempre e cando se conte co visto bo da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, administración supramunicipal na que o Concello de Mos está a xestionar permisos e financiación para poder acometer a actuación.
Os dous tratamentos que se empregarán no novo tramo da senda, sempre e cando os aprobe a Confederación, serán para as zonas con pendentes suaves chan estabilizado con ligante a base de calcín de vidro e reactivos básicos, tipo ‘Aripaq terrizo’, ou similar; e para as zonas con pendentes fortes e pouco espazo, recuperación de itinerarios peonís existentes con técnicas ambientais sustentables.
No deseño das actuacións tivéronse en conta as directrices do recentemente aprobado PXOM mosense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149