O PORRIÑO
O Porriño celebra este domingo, día 11 de xuño, a quinta edición do seu Mercado Saudable
![[Img #33101]](upload/img/periodico/img_33101.jpg)
O Porriño será o escenario, por quinto ano consecutivo, dunha nova edición do Mercado Saudable, que foi presentado polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, a presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, ‘Mensa’ Rodríguez, o membro desta asociación, Demetrio Calvo, e organizador, Carlos Rodríguez.
O mercado, que empezará o domingo que ven ás 11 a mañá na rúa Manuel Rodríguez, moi preto da Capela de San Sebastián, estará aberto ao público ata as 9 da noite e no mesmo os asistentes poderán achegarse a “todo canto está relacionado coa alimentación saudable”, como subliñou Marcelino Coto, dende talleres para rapaces, como o de cabazas –que logo pódense empregar no Samaín, repostería, cervexa ecolóxica, gastronomía do mar, “con polbo, ameixas, mexillóns, ou longueiróns, cociñados con auga mariña”, eco-tendas, comercio xusto, artesanía, cosmética natural, lamberetadas ou produtos da horta, ademais de actividades saudábeis, coma unha andaina, que comezará ás 11 e media da mañá.
Dentro das propostas hai unha que, coma salientou Carlos Rodríguez, ten especial importancia: o primeiro mercado da Moringa que se celebra en Galicia. A Moringa é unha árbore que ten numerosos nutrientes e do que se aproveita dende as follas, ata a flor, pasando polos froitos, dado que ten un altísimo contido en calcio, ferro ou fósforo.
Tomando coma base a Moringa, haberá unha degustación de cervexa, pan, queixo ou batidos, que teñen o mesmo coma base, membros da Asociación de Veciños elaborarán unha torta de Moringa, porase á venda plantas e sementes da mesma e unha bióloga e especialista e nutrición falará, de 12:15 a 13:15 horas, das vantaxes e propiedades desta árbore que “a OMS e a FAO recomendan cultivar en países en desenrolo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17