Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 09 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui recibe un investimento de preto de 140.000 euros do Goberno de Carmela Silva

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta semana axudas valoradas en máis de 400.000 euros para os concellos de Cangas, Tui e Ponteareas.

[Img #33109]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión de axudas por valor de case 420.000 euros para que tres concellos da provincia poidan acometer catro novos investimentos nos seus termos municipais. En concreto, benefícianse destas achegas as vilas de Cangas, Tui e Ponteareas. Grazas a estes investimentos, estas tres vilas poderán levar a cabo reformas de rúas así como proxectos en espazos públicos destinados a reunións, ao deporte e á cultura.

 

No caso de Tui, o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou dúas achegas da liña 1 do Plan Concellos 2017 que suman un total de 138.479,65 euros. Tal como informou Carmela Silva, Tui recibe por unha banda unha axuda valorada en 69.889,60 euros que lle permitirán levar a cabo a reforma dos vestiarios das instalacións deportivas Álvarez Durán. Ademais, pola outra banda, Tui tamén recibe outros 68.590,05 euros por parte da institución provincial que teñen como finalidade mellorar as instalacións do conservatorio de música municipal. Coa aprobación destas achegas, Tui xa dispón do 73,72 % do seu orzamento no marco do Plan Concellos 2017, o que se traduce nun investimento de máis de 700.000 euros. Tui recibiu este ano máis dun millón de euros no reparto do plan.

 

A presidenta Carmela Silva subliñou que "coas axudas que aprobamos esta mañá, que ascenden a 420.000 euros, levamos xa distribuídos case 14 millóns de euros, é dicir, o 53,25 % da liña 1 que, como saben, este ano ten un orzamento de 25.750.000 euros". A presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a importancia destas achegas "sen as que os concellos da nosa provincia dificilmente poderían facer fronte ás súas competencias, impulsar novos investimentos ou novos proxectos en beneficio das súas veciñas e veciños".

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aproveitou para lembrar que "este ano o Plan Concellos ten unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3 % maior que a aprobada no 2016 e que, entre as súas tres liñas estratéxicas, leva aprobados xa máis de 32,5 millóns de euros desde xaneiro, é dicir, o 78,88 % do plan".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.