Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 12 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP considera “unha burla” o anuncio das obras do Paseo Matutino

[Img #33152]

 

Raquel Bautista Alfaya,Vice  portavoz de ACiP considera que o anuncio feito pola Concelleira de Vias e Obras sobre as obras do Paseo Matutino, “son unha auténtica burla para os veciños e veciñas da zona que hai anos que veñen reclamando a mellora integral da zona”.


Segun o portavoz independente, “en lugar de realizar as obras prometidas, o Concello limítase a poñer “un parche”, arreglando unha beirarrúa, un bordillo e tapando os baches de xeito provisional”.


Bautista Alfaya chama a atención que o Paseo Matutino, no que viven centos de veciños e veciñas “foi xa marxinado no seu momento deixándoo sen alumeado festivo” e permitindo que as súas zonas verdes e de recreo “estean no máis absoluto estado de abandono” a mais a falta da presencia da policia local . Lembralle ao Goberno local a concelleira de ACiP que “o vecindario do Paseo Matutino paga os seus impostos ao igual que calquera outro veciño” e considera que é “absolutamente inxusto o trato que se lle da a zona por parte do Goberno local que a ten no máis absoluto abandono”.


Raquel Bautista Alfaya preguntase a que dedica o seu tempo a concellería de Vías e Obras “xa que o estado de abandono no que está o casco urbano, é igual ao que sofren as parroquias”. Os impostos que pagan os cidadáns, afirma o portavoz de ACiP “teñen que revertir necesariamente na mellora da calidade de vida da cidadanía, ofrecendo mellores servizos e dándolle unhas infraestructuras dignas e acordes aos tempos que vivimos”, remata Bautista Alfaya.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.