Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 09 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Rotundo éxito nas redes sociais do Atlántico Express

A viaxe a bordo do “Tren dos Festivais”, que este ano innovou coa presenza de destacados “influencers”, obtivo máis de 6 millóns de impresións nas redes sociais.

[Img #33158]

 

A Presidenta provincial, Carmela Silva, caificou de “éxito sen precedentes” a actuación promocional “Atlántico Express”, “o evento a través do cal unimos Rías Baixas coa cidade de Porto acompañados de boa música, produtos gastronómicos e, influencers, bloggers, instagramers e medios de comunicación”.

 

Máis polo miúdo, Carmela Silva deu a coñecer datos relativos aos resultados das redes sociais Twitter e Instagram. Ao respecto, a Presidenta indicou que “as etiquetas #AtlanticoExpress e #RiasBaixasFests tiveron unha audiencia total en Twitter de 1,3 millóns de persoas e se contabilizaron máis de 6,7 millóns de impresións”.

 

En canto a Instagram, Carmela Silva subliñou que “as persoas que participaron no Atlántico Express, con máis de 200.000 seguidores, colgaron máis dun centenar de fotografías que obtiveron máis de 120.000 visualizacións, o que manifesta o éxito acadado con esta actuación”.

 

Este ano os #RíasBaixasFests, que forman parte dos eixos de promoción turística da provincia de Pontevedra e están dando a coñecer unha imaxe diferente do territorio, congregan a 8 +1 festivais que teñen lugar ao longo do verán. O primeiro deles, Atlantic Fest, comezará o vindeiro 30 de xuño na Illa de Arousa e pecharanse en Cambados, en setembro, con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño.   

 

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o patrocinio do festival “PortAmérica” que terá lugar en Caldas de Reis os días 13 e 14 de xullo. Carmela Silva informou que “este ano o festival, integrado nos #RíasBaixasFests 8+1, unha das nosas señas de identidade turística desde que comezamos a xestionar o goberno provincial, recibirá 85.000 € da Deputación de Pontevedra”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.